Abrir o menú principal

Rodney A. Grant

actor estadounidense

Rodney Arnold Grant, nado o 9 de marzo de 1959 na reserva india Omaha, Nebrasca, é un actor amerindio da tribo omaha que é coñecido polo seu papel de "Vento nos seus cabelos" (en lakota: Pȟehíŋ Otȟáte) no filme Dances with Wolves dirixido por Kevin Costner.

Rodney A. Grant
Nome completoRodney Arnold Grant
Nacemento9 de marzo de 1959 (60 anos)
LugarMacy, reserva india Omaha, Nebrasca, Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeEstados Unidos de América
ProfesiónActor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Grant medrou no condado de Thurston (Nebrasca). Despois de que os seus pais biolóxicos o abandonasen, os seus avós criárono dende que tiña seis meses de idade até 1982. Tras un curto período de seis meses de servizo co U. S. Marines e seis anos como reserva, en 1988 comezou a súa carreira como actor. Dende entón, actuou en varios filmes e series de televisión.

En 1990, conseguiu o seu papel máis importante, "Vento nos seus cabelos" no filme Dances with Wolves. Durante a rodaxe Grant tiña bastantes dificultades na aprendizaxe da lingua lakota. Para evitar ser totalmente cortada do filme, ou para acabar como papel de meros figurantes, asumiu traballo a maiores co director de elenco do filme. Ademais de Dances with Wolves, tamén apareceu en filmes como Ghosts of Mars, Wild Wild West, Xerónimo, White Wolves III: Cry of the White Wolf, Wagons East!, The Substitute, War Party e Powwow Highway. Interpretou a "Chingachgook" na serie de televisión Hawkeye e tamén tivo outros papeis en Due South, Two e Stargate SG-1 (episodio "Spirits"). Tamén intepretou a Cabalo Tolo no telefilme de 1991 Son of the Morning Star.

Grant é membro do pobo omaha de Nebrasca e participa na organización xuvenil Boys and Girls Clubs of America. Tivo cinco fillos, tres dun matrimonio anterior e dous doutra relación. Posteriormente trasladouse ó sur de California.

FilmografíaEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar