Abrir o menú principal

Roderick MacKinnon

bioquímico e profesor norteamericano

Roderick MacKinnon, nado en Burlington (Massachusetts) o 19 de febreiro de 1956, é un bioquímico e profesor universitario galardoado co Premio Nobel de Química en 2003.

Roderick MacKinnon
Nobel prize medal.svg
Roderick MacKinnon, M.D..jpg
Roderick MacKinnon na Escola Politécnica Federal de Zúric
Datos persoais
Nacemento19 de febreiro de 1956 (62 anos)
LugarBurlington, Massachusetts
Estados Unidos de América Estados Unidos
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadeestadounidense
Cónxuxe
  • Alice Lee
  • Actividade
    Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Universidade Brandeis
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • estudos estruturais e mecánicos dos canles iónicos.
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (2003)
  • editar datos en Wikidata ]

    Índice

    TraxectoriaEditar

    Estudou bioquímica na Universidade de Brandeis, onde se graduó en 1978, e posteriormente ampliou os seus estudos en medicina na Universidade Tufts. Actualmente é profesor de de Neurobioloxía Molecular e Biofísica da Universidade Rockefeller, así como investigador do Instituto Médico Howard Hughes.

    Investigacións científicasEditar

    Iniciou as súas investigacións ao redor das toxinas na estrutura en canle do potasio. Durante a década de 1990 a arquitectura molecular detallada das canles e dos medios exactos polos cales transportan os iones seguían suendo especulativos. En 1998, a pesar das trabas científicas no estudo estrutural das proteínas integrais da membrana celular que frustraran a maioría das tentativas, MacKinnon e os seus colegas da Universidade Cornell conseguiron abrir a arquitectura dunha canle de potasio desde unha bacteria grácias á cristalografía de raios X.

    En 2003 foi galardoado co Premio Nobel de Química xunto con Peter Agre. Ambos os científicos foron premiados polos descubrimentos referentes ás canles en membranas celulares, aínda que MacKinnon polos estudos estruturais e mecánicos dos canles iónicos e Agre foino especialmente polo descubrimento do métode do "canle de auga".

    Véxase taménEditar