Rodan
Rodan foi unha banda estadounidense de post-hardcore activa entre os anos 1992 e 1995. A formación máis coñecida do grupo estaba composta por Jeff Mueller (guitarra/voces), Jason Noble (guitarra/voces), Tara Jane O'Neil (baixo/voces), e Kevin Coultas (batería).
Rodan | |
---|---|
Orixe | Louisville, Kentucky, |
Período | 1992 - 1995 |
Xénero(s) | post-hardcore, math rock, indie rock, post-rock |
Selo(s) discográfico(s) | Quarterstick Records |
Membros | Jeff Mueller Jason Noble Tara Jane O'Neil Kevin Coultas Jon Cook John Weiss |
Artistas relacionados | Rachel's, June of 44, Shipping News |
Na rede | |
Historia
editarRodan formouse en Louisville, Kentucky no ano 1992. Despois de que os baterías Jon Cook e John Weiss pasasen brevemente pola banda, en 1993 uniuse Kevin Coultas, que estaría co grupo ata a súa disolución. Tamén en 1993 a banda gravou a súa demo Aviary que tivo unha edición limitada. Posteriormente dúas cancións de Aviary; "Milk and Melancholy" e "Exoskeleton", foron regravadas e publicadas como o EP How the Winter Was Passed. Seis dos temas da demo tamén foron regravados por Bob "Rusty" Weston (de Shellac) e editados en 1994 como o álbum Rusty. A banda actuou como "Truckstop" na road movie de culto de 1994 Half-cocked á que tamén prestaron música para a súa banda sonora. Aínda que nunca fichou polo selo, Rodan tiña unha relación moi próxima a Simple Machines, contribuínda a varios recompilatorios e tocando no festival Working Holiday da discográfica. A banda tamén realizou unha sesión John Peel en 1995.
Rodan separouse en 1995 dedicándose os seus membros a outros proxectos musicais: O'Neil en Retsin e en varios traballos en solitario; Mueller en June of 44; Coultas e Noble en Rachel's; e Coultas e O'Neil en The Sonora Pine. Mueller e Noble crearon Shipping News a finais de 1996 e continuaron tocando ata que Jason Noble morreu de cancro o 4 de agosto de 2012. Jon Cook, o batería orixinal da banda, morreu en febreiro de 2013.
Discografía
editarÁlbums
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Rusty | 1994 | Quarterstick Records |