Robles de la Valcueva
Robles de la Valcueva é unha localidade pertencente ao concello de Matallana de Torío, na provincia de León e na comunidade autónoma de Castela e León.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de León | |||
Municipio | Matallana de Torío | |||
Poboación | ||||
Poboación | 244 (2022) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 995 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 24830 | |||
Fuso horario | ||||
Localización
editarAtópase nun val atravesado polos regatos de Robles e o dos Molinos, afluentes do río Torío.[1] Robles de la Valcueva limita coas localidades de Serrilla, Matallana de Torío e Villalfeide ao norte, Correcillas ao nordés, La Valcueva ao leste, La Cándana de Curueño, Sopeña de Curueño, Pardesivil, La Mata de Curueño e Santa Colomba de Curueño ao sueste, Pardavé e Fontanos de Torío ao sur, Naredo de Fenar e Robledo de Fenar ao suroeste, Llombera ao oeste e Orzonaga e Coladilla ao noroeste.
Historia
editarPertenceu ao antigo concello de Vegacervera.
Patrimonio
editarDestaca a ermida de Santa María de Boinas, que aparece referenciada en 1752.[1] Nela celébranse dúas festas, a Flor, o luns seguinte á Pascua de Resurrección e a da Nosa Señora de Boinas, que ten lugar cada 15 de agosto.
Galería de imaxes
editar-
Virxe de Boinas.
-
Ermida de Santa María de Boinas
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Robles de la Valcueva". aytomatallanadetorio.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2022. Consultado o 29 de maio de 2022.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robles de la Valcueva |