Roberto Alonso Díaz
guerrilleiro antifranquista galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Roberto Alonso.
Roberto Alonso Díaz, coñecido como Barbas, nado en Cienfuegos (Cuba) en 1913 e finado en 1948, foi un guerrilleiro galego antifranquista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 Provincia de Cienfuegos, Cuba |
Morte | 1948 (34/35 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española |
Traxectoria editar
Fillo de pais galegos de Vilalba, naceu na emigración cubana en Cienfuegos. Retornou a Galicia e participou na Guerra Civil no bando republicano onde acadou o grao de sarxento.[1] Botouse ao monte tras a caída do Fronte Norte en 1937 e organizou o seu propio grupo guerrilleiro con base na Serra de Meira e que actuaba entre Mondoñedo e Vilalba. Tiña como lugartenente a Perfecto Requeijo Rouco "O Tarrelo". Ambos acompañaron nalgunhas accións a Luís Trigo Chao "O Guardarríos". Detido en Lugo, en xaneiro de 1948,[1] sometérono a tortura para que revelase onde se agochaba a súa partida e logo matárono.
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. p. 165. ISBN 84-7507-320-4.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. p. 165. ISBN 84-7507-320-4.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.