Robert J. Flaherty
Robert Joseph Flaherty, nado o 16 de febreiro de 1884 en Iron Mountain (Míchigan) e finado o 23 de xullo de 1951 en Dummerston (Vermont), foi un cineasta estadounidense que dirixiu e produciu a primeira idea de documental da historia do cine, Nanook of the North, en 1922, que relataba as condicións de vida dun esquimó. Estivo casado coa escritora Frances H. Flaherty desde 1914 até a súa morte en 1951. Frances traballou en varias películas de Flaherty, e incluso recibiu un nomeamento ao Oscar ó mellor guión orixinal por Louisiana Story (1948).
Nome orixinal | (en) Robert Joseph Flaherty |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 16 de febreiro de 1884 Iron Mountain, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 23 de xullo de 1951 (67 anos) Dummerston, Estados Unidos de América (en) |
Educación | Upper Canada College (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Atol Bora Bora |
Ocupación | director de cinema, cartógrafo, produtor de cinema, cámara, explorador, montador, guionista, fotógrafo |
Período de actividade | 1922 - |
Membro de | |
Representante | Light Cone |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Frances Hubbard Flaherty |
Fillos | Monica Flaherty Frassetto |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Флаэрти Роберт) Cinema : encyclopedic dictionary (en) , (p.452) Flaherty, Robert (en) |
|
Robert Flaherty, Dziga Vertov e Jean Rouch son, cada un ao seu xeito, expoñentes do filme documental do século XX
Traxectoria
editarDespois de acabar os seus estudos de enxeñaría de minas, Flaherty comezou a traballar como explorador de minas de ferro para unha compañía ferroviaria na baía de Hudson, Canadá. En 1913, na súa terceira expedición á zona, o seu xefe, sir William Mackenzie, propúxolle filmar cunha cámara a vida familiar dos oriúndos da zona. Flaherty comezou a interesarse particularmente polos inuit, e pasou bastante tempo filmándoos, até o punto de que chegou a desatender o seu emprego (aínda que tampouco importou moito iso pois, os que vían as gravacións que Flaherty, pedíanlle imaxes novas).
Antes de empezar a gravar propiamente a película, Flaherty viviu con Allakariallak (un home pertencente aos inuit) e co resto da súa familia durante varios meses. As primeiras gravacións realizadas por Flaherty perdéronse nun incendio provocado por unha cabicha do propio Flaherty, polo que non lle quedou máis remedio que gravar novamente. Co tempo, o propio Flaherty admitiu que no fondo o feito lle axudara, porque os primeiros metros de película nunca lle chegaran a gustar. Cando empezou a gravar de novo, Flaherty optou por preparar todo o que ía gravar, incluso o final, onde Allakariallak e a súa familia están, supostamente, en risco de morte se non encontran ou constrúen un novo refuxio o antes posible. O iglú que aparece nas imaxes xa fora construído, aínda que estaba feito só dunha metade, para que Flaherty puidera pór a cámara para visualizar ben as accións do seu interior.
Nanook of the North (1922) tería moito éxito de público,[1] e Flaherty conseguiu despois un contrato con Paramount para realizar outro documental na liña de Nanook, polo que Flaherty foise a Samoa para realizar Moala (1926 ). A pesar das presas da compañía, Flaherty non conseguía gravar nada interesante porque o seu método consistía en vivir durante un tempo cos protagonistas da súa historia, observalos, coñecelos a fondo e familiarizarse co seu estilo de vida antes de idear a propia historia do documental. Finalmente fai xirar a película en torno ao ritual dun mozo que se inicia na madurez. A gravación do documental durou máis dun ano (desde abril de 1923 até decembro de 1924), e a película non se estrou até xaneiro de 1926.
Máis tarde, por suxestión de John Grierson, Flaherty envolveuse noutro proxecto filmando, entre novembro de 1931 e a primavera de 1933, os pescadores das Oileáin Árann (Man of Aran), saga heroica e esplendorosa do home que se confronta coas forzas da natureza para sobrevivir.
O seu último filme de longametraxe foi Louisiana Story, documental elaborardamente ficionado sobre a construción dun oleoduto nos pantanos de Louisiana, filme financiado por unha compañía petrolífera que ilustra a vida dun rapaz que traballa nese oficio, dando relevo poético ás relacións humanas e ao seu encadramento na natureza. Certos críticos acusárono de disfrazar neste filme a exploración humana con formas lúdicas de expresión.
Filmografía
editar- Nanook of the North (1922)[1]
- The Pottery-Maker (1925)
- Moala (1926)
- The Twenty-four Dollar Island (1927) (pequeno documental da Cidade de Nova York)
- Tabu (1931) (codirixido con F. W. Murnau)
- Industrial Britain(1933) (corealizado con John Grierson)
- Man of Aran (1934)
- Elephant Boy (1937)
- The Land (1942) (documental de 45 feito para o departamento de agricultura dos Estados Unidos)
- Louisiana Story (1948)
- Guernica (1949) (inacabado)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Map of Belcher Islands". World Digital Library. 1909. Consultado o 2013-06-03.
Véxase tamén
editarA Galicitas posúe citas sobre: Robert J. Flaherty |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert J. Flaherty |
Ligazóns externas
editar- Nanook, o Esquimó. Contracampo (en portugués).
- Perspectivas de desenvolvemento para o documentarismo por Manuela Penafria, Universidade da Beira Interior (en portugués).
- O filme etnográfico como documento histórico por Cláudio Pereira (en portugués).
- "Revisiting Flaherty's Louisiana/Story" [Revisitando a historia de Louisiana de Flaherty]. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2012. Consultado o 24 de decembro de 2011.(en inglés)
- Figuras do cine: Robert J. Flaherty (en castelán).