Robert E. Preston

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (1893-1898)

Robert E. Preston, nado en Bean Station, Tennessee, en 1836, e finado o 24 de xuño de 1911, foi un alto funcionario estadounidense, director da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1893 e 1898.

Robert E. Preston
Nacemento1836
Lugar de nacemento Bean Station.
Tennessee
Falecemento24 de xuño de 1911 (77 anos)
SoterradoCemitério Oak Hill
Nacionalidade Estadounidense
OcupaciónAlto funcionario
CónxuxeEllen Lasselle Preston
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Preston naceu na localidade de Bean Station, Estado de Tennessee, en 1836.[1][2]

O 1 de abril de 1856, o secretario do Tesouro dos EEUU, James Guthrie, contratouno para traballar nun posto na oficina do primeiro auditor. Nesa oficina foi ascendendo de posto ata se converter en responsable das contas da Casa da Moeda dos Estados Unidos, dependente do Departamento do Tesouro.[2]

Cando a Lei da Moeda de 1873 creou a Oficina da Casa da Moeda, o daquela director da US Mint, Henry Linderman, animou a Preston a ingresar nela. Alí traballou como contador de metais preciosos, empregado de ensaios, encargado das contas e examinador,[1][2] e en varias ocasións actuou como director interino da institución, en ausencia de Linderman e, posteriormente, dos seus sucesores Horatio C. Burchard e James P. Kimball.[3]

En 1893, o presidente Grover Cleveland nomeouno director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, en substitución de Edward O. Leech.[1] O nomeamento de Preston baseouse estritamente no seu mérito, xa que nunha época de efervescencia da cuestión da "prata libre", o presidente non quixo nomear un político como director da Casa da Moeda.[4] Preston ocupou o cargo de director desde novembro de 1893 ata febreiro de 1898, logo do cal se reincorporou ao seu posto como examinador.[5]

Vida persoal editar

Robert E. Preston casou cunha muller chamada Ellen Louise, con quen tivo unha filla, Nannie M. Preston.[6]

Preston morreu o 24 de xuño de 1911,[7] aos 77 anos, e foi soterrado tres días despois no cemiterio de Oak Hill, en Washington.[8]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxina 149.
  2. 2,0 2,1 2,2 Johnson, A. S. et al. (1894). Páxina 499.
  3. Evans, G. G. (1898).
  4. "The New Mint Director" En The New York Times. 28 de setembro de 1893.
  5. Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxinas 149-150.
  6. "Miss Nannie M. Preston, only daughter of Robert E. Preston, former Director of the Mint...". En The Washington Herald. 13 de xuño de 1909.
  7. Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxina 150.
  8. "Lot 190 Arquivado 02 de marzo de 2022 en Wayback Machine.". Oak Hill Cemetery, Georgetown, D. C. (North Hill).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). "Robert Evan Preston". En Medals of the United States Mint. U.S. Government Printing Office. Páxinas 149-150.

Outros artigos editar

Predecesor:
Edward O. Leech
 
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

1893 - 1898
Sucesor:
George E. Roberts