Robèrt Lafont

lingüista francés

Robert Lafont, nado en Nîmes en 1923 e finado en Florencia o 24 de xuño de 2009, foi un lingüista, historiador da literatura occitana, poeta, novelista e dramaturgo occitano.

Robèrt Lafont
Robert Lafont.jpg
Nacemento16 de marzo de 1923
Lugar de nacementoNîmes
Falecemento24 de xuño de 2009
Lugar de falecementoFlorencia
NacionalidadeFrancia
Ocupacióndramaturgo, lingüista, escritor, profesor universitario e poeta
CónxuxeFausta Garavini
PremiosCreu de Sant Jordi e honorary doctor of the University of Vienna
editar datos en Wikidata ]
Cross of Saint George (Catalan Government Award).svg

TraxectoriaEditar

Foi profesor de lingua occitana na Universidade de Montpellier ata 1986. Ténselle destacado pola súa defensa do occitanismo. Home dunha actividade intelectual extraordinaria, fundou o Comitat Occitan d'Estudis e d'Accion (Comité Occitano de Estudos e de Acción, COEA) e asumiu a dirección de diversas publicacións periódicas ("L'ase negre", 1946, "Viure", 1962).

É un escritor prolífico e a súa obra presenta dúas liñas esenciais e integradas: unha de divulgación doutrinal en francés, onde ten estudado a situación non só occitana senón de tódalas minorías dentro do estado francés; e outra propiamente de creación en lingua occitana, que constitúe o punto de partida da verdadeira novela en occitano e que é tamén unha ruptura total coa tradición folclórica anterior. Foi un dos teorizadores do chamado colonialismo interior para facer referencia á situación occitana.

Tamén ten producido teatro de animación social. Foi presidente do Institut d'Estudis Occitans e en 1974 presentou a súa candidatura ás eleccións presidenciais francesas que foi rexeitada.

ObrasEditar

PoesíaEditar

  • Dire (1945-53),
  • La loba (1959),
  • Poèma a l'estrangièra (1960)
  • Aire Liure (1974)
  • Lausa per un solèu mòrt e reviudat (1984)

NarraciónsEditar

  • La vida de Joan Larsinhac, (1951)
  • L'Icòna dins l'Iscla (1971)
  • Lo Decameronet (1983)
  • La Festa (1983-84), formada por Lo Cavalier de Març e Lo Libre de Joan.
  • L'enclaus (1992)

TeatroEditar

  • Dòm Esquichòte (1973)
  • Lei cascavèus (1977)
  • La Croisade (1983)

EnsaioEditar

  • La révolution regionaliste (1967)
  • Sur la France (1968),
  • Décoloniser en France (1971)
  • Le travail et la langue (1978) estudo sociolingüístico
  • Nous, Peuple Européen (1991)
  • La Nation, l'Etat, les Regions (1993)