Rita de Acosta Lydig

Rita Hernandez de Alba de Acosta Stokes Lydig, nada en Nova York o 1 de outubro de 1875 e finada na mesma cidade o 27 de outubro de 1929, foi unha socialite estadounidense considerada "a muller máis pintoresca dos Estados Unidos". Foi fotografada por Adolf de Meyer, Edward Steichen e Gertrude Käsebier, esculpida en alabastro por Malvina Hoffman, e pintada por Giovanni Boldini e John Singer Sargent, entre outros.

Infotaula de personaRita de Acosta Lydig

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1875 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte19 de outubro de 1929 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaTrinity Church Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsocialité , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeWilliam Earl Dodge Stokes (en) Traducir
Philip Mesier Lydig (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiRicardo de Acosta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAida de Acosta e Mercedes de Acosta Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Acosta-750 Find a Grave: 58197693 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Familia editar

Rita de Acosta naceu na cidade de Nova York, filla de Ricardo de Acosta (1837–1907), executivo dunha liña de navíos de ascendencia cubana, e da española Micaela Hernández de Alba y de Alba (1853–1921), supostamente parente dos duques de Alba. Tiño sete irmáns: Joaquín, Enrique, Ricardo, Mercedes, Aida, Maria e Ángela.[1] A súa irmá Mercedes foi escritora, guionista e crítica social,[1] Aida foi a primeira muller que pilotou unha aeronave en solitario e a segunda esposa do axudante do Secretario de Guerra Henry Skillman Breckinridge, e Maria casou co compositor Theodore Ward Chanler.[2]

Influencia na arte e na moda editar

 
Rita Lydig fotografada polo barón Adolf de Meyer en 1913

Rita viviu en Nova York, París e Londres e entre os seus amigos estaban Edgar Degas, Auguste Rodin, Leo Tolstoy, Sarah Bernhardt, Ethel Barrymore e Claude Debussy.[3] She also supported the suffragette cause.[4][5]

Célebre polo seu estilo de vida extravagante, "...Rita era benvida igualmente en París, onde pasaba parte do ano. Chegaría ao Ritz cunha peiteadora, masaxista, chofer, secretaria, doncela... e corenta baúis de Louis Vuitton... En París, xuntábase con músicos, artistas, intelectuais e filósofos como Rodin, Eleonora Duse, Yvette Guilbert etc."[6] Impresionada polo espírito creativo innato de Rita, Isabella Stewart Gardner, a gran coleccionista e creadora do museo Gardner de Boston, preguntou unha vez ao seu amigo común John Singer Sargent por que Lydig nunca se expresara artisticamente. "Por que debería?", contestou Sargent, "ela mesma é arte".[7]

Escribiu tamén unha novela, Tragic Mansions (Boni & Liveright, 1927), baixo o nome Mrs Philip Lydig,[8] un melodrama de sociedade descrito como "emocionalmente conmovedora e atractiva" por The New York Times.[9]

Vida persoal editar

 
Fotografía de Rita Lydig, 1925

Rita de Acosta casou en dúas ocasións. O seu primeiro matrimonio foi o 3 de xaneiro de 1895 cando aos dezaseis anos se converteu na primeira esposa do multimillonario William Earl Dodge Stokes (1852–1926),[10] que construíu o Ansonia no Upper West Side de Manhattan.[11] O matrimonio foi infeliz debido o temperamento e a crueldade física de Stoke, e cando se divorciaron en 1900, ela recibiu un acordo de case dous millóns de dólares, un récord nesa época. En febreiro de 1922, testificou no xulgado contra Stokes, entón nun desagradable proceso de divorcio da súa segunda esposa, e afirmou que el adoitaba breala durante o seu matrimonio.[12] Antes do seu divorcio,[13] vivían no 262 da West 72nd Street e foron pais dun fillo, William Earl Dodge Stokes Jr. (1896–1982).[14]

En 1902, casou co maior Philip Mesier Lydig, un rico e socialmente destacado oficial retirado do exército estadounidense, na capela da Igrexa da Graza polo reverendo William R. Houghton.[15] Foi entregada polo seu irmán Ricardo, a súa irmá Aida foi a dama de honor e William Astor Chanler o padriño de Lydig.[15] En 1913, vendeu a súa colección de arte, que incluía obras de Sandro Botticelli.[16] Separáronse en 1914 e divorciáronse en 1919.[17]

En 1921, Lydig anunciou o seu compromiso co reverendo Percy Stickney Grant (1860–1927), reitor da Igrexa da Ascensión. Os plans de voda rompéronse en 1924 cando o bispo William Manning rexeitou autorizar o matrimonio, citando como motivo que Lydig estaba divorciada e os seus dous exmaridos estaban vivos. O reverendo Grant faleceu pouco despois, legando a súa fortuna persoal a Lydig, que gastou grandes sumas de cartos en moda, arte, mobles e outros obxectos para superar a dor.[3] Moi endebedada, viuse obrigada a vender a súa casa de Washington Square e o seu contido e declarouse en bancarrota.

Lydig faleceu de anemia perniciosa no Hotel Gotham o 27 de outubro de 1929 aos 54 anos.[18] Foi enterrada coa súa nai e a súa irmá Mercedes no Trinity Church Cemetery do baixo Manhattan, Nova York.[19]

Legado editar

O seu vestiario persoal foi a base do inicio do Instituto de Vestido do Metropolitan Museum of Art.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Schanke, Robert A. (2003). "Mercedes de Acosta: One of the most rebellious & brazen of Lesbians.". www.robertschanke.com. Southern Illinois University. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2022. Consultado o 22 de maio de 2019. 
  2. "DIED. CHANLER --Maria de Acosta". The New York Times. 8 de xuño de 1970. Consultado o 21 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 "Lydig on the Shepherd Gallery website". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2019. Consultado o 05 de xuño de 2022. 
  4. "SOCIETY WOMEN IN POSES FOR SUFFRAGE; Mrs. Mackay to Appear as Florence Nightingale, and Mrs. Vanderbilt as Joan of Arc." (PDF). The New York Times. 8 de novembro de 1910. Consultado o 22 de maio de 2019. 
  5. "COLBY COMES OUT FOR SUFFRAGETTES; Jersey Leader Says Women's Vote Is Needed to Help Men Solve Political Problems. AS WELL INFORMED AS MEN Senator Declares He Has Found They Knew More Than Most Men About Our System of Government" (PDF). The New York Times (en inglés). 17 de decembro de 1909. p. 6. Consultado o 22 de maio de 2019. 
  6. "Spirited Masterpiece: Rita de Acosta Lydig by Giovanni Boldini". ArtfixDaily (en inglés). 5 de xaneiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2018. Consultado o 22 de maio de 2019. 
  7. 'The Power of Style: The Women Who Defined the Art of Living Well' by Annette Tapert Published by Crown (1994)
  8. "MRS. LYDIG'S BOOK COPIES OUT TODAY; Profits of 'Tragic Mansions' Will Go to Her Creditors, Attorney Promises." (PDF). The New York Times. 30 de abril de 1927. Consultado o 22 de maio de 2019. 
  9. "THE SOCIAL WHIRL: TRAGIC MANSIONS. By Mrs. Philip Lydig. Introduction by Harvey O'Higgins. Portrait frontispiece. 221 pp. New York: Bont & Liveright. $2.50." (PDF). The New York Times. 15 de maio de 1927. Consultado o 22 de maio de 2019. 
  10. "WEDDING OF MISS ACOSTA; Married to W.E.D. Stokes by Archbishop Corrigan. THE BRIDE'S HOME A BOWER OF ROSES Becoming Gowns of the Maid of Honor and Bridesmaids -- Distinguished Guests at the Wedding." (PDF). The New York Times. 4 de xaneiro de 1895. Consultado o 22 de maio de 2019. 
  11. Gaines, Steven (6 de maio de 2005). "The Ups and Downs of The Ansonia, The Building that Made the Upper West Side". New York (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2019. 
  12. "MRS.LYDIG SWEARS STOKES STRUCK HER; Hurt Her by Beating Her With a Jacket With Buttons, She Testifies. SORRY FOR FORMER HUSBAND Stokes Threatened With Jail for Insulting Untermyer, and He Apologizes." (PDF). The New York Times. 4 de febreiro de 1922. Consultado o 22 May 2019. 
  13. "MRS. W.E.D. STOKES SUES; Secrecy Observed by Counsel in Her Action for Divorce. Ex-Justice Cohen Appointed Referee by Justice Fitzgerald -- Complaint and Answer Held Back." (PDF). The New York Times. 5 de abril de 1900. Consultado o 22 de maio de 2019. 
  14. "STOKES DIVORCE DECREE; Presented in Supreme Court by Mrs. Stokes's Counsel. Justice Bischoff Refuses to Suppress Findings -- The Decree Absolute -- Mother to Have Her Child." (PDF). The New York Times. 28 de abril de 1900. Consultado o 22 de maio de 2019. 
  15. 15,0 15,1 "MRS. STOKES NOW A BRIDE; W. E. D. Stokes's Former Wife Married to Capt. Lydig. Few of the Friends of the Couple Knew of Their Engagement, Though It Had Existed for Some Time." (PDF). The New York Times. 6 de febreiro de 1902. Consultado o 22 de maio de 2019. 
  16. "LYDIG COLLECTION SOLD FOR $362,555; Art Treasures Scattered at Two Sales to Dealers and Private Collectors." (PDF). The New York Times. 5 de abril de 1913. Consultado o 22 de maio de 2019. 
  17. "TO END LYDIG DIVORCE CASE; Mrs. Philip M. Lydig Going to Paris to Sign Final Decree." (PDF). The New York Times. 18 de xuño de 1919. Consultado o 22 de maio de 2019. 
  18. "Milestones: Oct. 28, 1929". Time Magazine. 28 de outubro de 1929. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2007. Consultado o 22 de maio de 2019. 
  19. "MRS. RITA LYDIG DIES UNEXPECTEDLY AT 50; Had Been Under Doctors' Care for Years, but Condition Was Not Thought Critical. PAINTED BY NOTED ARTISTS Married W.E.D. Stokes at 16 --Engaged to Dr. Grant, but Bishop Banned Wedding." (PDF). The New York Times. 20 de outubro de 1929. Consultado o 22 de maio de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar