Abrir o menú principal

Rita Segato

Antopòloga i feminista arxentina

Rita Laura Segato (Buenos Aires, 14 de agosto de 1951) é unha antropóloga e feminista arxentina residente entre Brasília e Tilcara. É especialmente coñecida polas súas investigacións sobre cuestións de xénero nos pobos indíxenas e comunidades latinoamericanas, sobre violencia de xénero e ás relacións entre xénero, racismo e colonialidade. Considera que as relacións de xénero son un campo de poder e que é un erro falar de crimes sexuais, que deberían ser considerados "crimes do poder, da dominación, da punición".[2]

Rita Segato
Professora Rita Segato concede entrevista à Secom UnB (39390738295).jpg
Nome de nacementoRita Laura Segato
Nacemento14 de agosto de 1951
 Buenos Aires, Flag of Argentina.svg Arxentina
Nacionalidadearxentina
Alma máterInstituto Interamericano de Etnomusicología y Folklore de Caracas[1]
OcupaciónAntropóloga, etnomusicóloga
Linguaespañol
Linguaportugués/español
Período1970/presente
Movementofeminismo, estudos descoloniais
Coñecido/a porLa nación y sus otros
Las estructuras elementales de la violencia
InfluenciasAníbal Quijano
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou primaria na Escuela Normal en Lenguas Vivas Juán Ramón Fernández e a secundaria no Colegio Nacional de Buenos Aires (1970). Estudou tamén no Conservatorio Municipal Manual de Falla (1967) e na Escuela Nacional de Danzas (1973). Cursou a licenciatura en Ciencias Antropolóxicas na Universidade de Buenos Aires até o seu primeiro peche en 1974. Especializouse en etnomusicoloxía no Instituto Interamericano de Etnomusicología e Folklore de Caracas con Isabel Aretz (1975), onde permaneceu como investigadora do arquivo de música latinoamericana até 1980.[1]

Obtivo o seu doutoramento en 1984 en antropoloxía social na Universidade Queen’s de Belfast onde estudou Antropoloxía da Música con John Blacking e Antropoloxía Social con Milan Stuchlick e Gerd Baumann.

Foi profesora do Departamento de Antropoloxía da Universidade de Brasília entre 1985 e 2010. En 2011 migrou á docencia nos posgraos interdisciplinares de Bioética e de Dereitos Humanos da mesma universidade, ademais de actuar como profesora visitante en diversos programas de doutoramento de América Latina.

En 1993 achegouse á análise da violencia contra as mulleres por un encargo do goberno da cidade de Brasília en 1993. Inicialmente creu que era un lugar de paso, pero a análise das violencias machistas acompañouna até a súa xubilación.

É investigadora do Consello Nacional de Investigacións de Brasil desde 1998.

Entre os seus libros destacan Las estructuras elementales de la violencia (2003), La nación y sus otros (2007) e Las nuevas formas de la guerra y el cuerpo de las mujeres (2014).

No 2006 realizou unha investigación sobre os crimes en Ciudad Juárez.[3]

A partir da análise do feminicidio de Ciudad Juárez, Segato propón pensar a violencia contra as mulleres como un sistema de comunicación que mostra a forza e a impunidade daqueles que desde o Estado e o paraestatal reinan na fronteira.

Se o acto violento é entendido como mensaxe e os crimes percíbense orquestrados en claro estilo responsorial, atopámonos cunha escena onde os actos de violencia compórtanse como unha lingua capaz de funcionar eficazmente para os entendidos, os avisados, os que falan, aínda cando non participen directamente na acción enunciativa. É por iso que, cando un sistema de comunicación cun alfabeto violento instálase, é moi difícil desinstalalo, eliminalo.

Posición sobre a violencia de xéneroEditar

Considera que a violencia contra as mulleres da forma na que pode observarse en Arxentina ten relación co momento mundial no que "hai poder de donos" nunha época de posesividade ("dueñidad") o que irrompe no inconsciente colectivo na maneira en que os homes que obedecen a un mandato de masculinidade, que é un mandato de potencia, proban a súa potencia mediante o corpo das mulleres.

Prefire falar de violencia de xénero que de violencia contra as mulleres, explica "prefiro chamala así, o concepto de xénero foi unha descuberta para poder falar dunha estrutura que organiza os corpos desde un teatro de sombras e é unha categoría moi útil".[4]

Considera que a violencia de xénero ten un "efecto chamada", é "contaxiosa" e pode ser transformada en espectáculo.

Sobre a crenza xeneralizada sobre se a reincidencia é ineludíbel no caso do violador considera que "é obrigatorio pensar que todo ser humano pode cambiar. É moi difícil ás veces. Hai que dar as condicións para que o poida facer, condicións que non están dadas na actualidade."

LibrosEditar

  • Santos e Daimones. O politeísmo afrobrasileiro e a tradição arquetipal (Editora da Universidade de Brasília 1995 e 2005)
  • Las Estructuras Elementales de la Violencia. Ensayos sobre género entre la antropología, el psicoanálisis y los Derechos Humanos (Buenos Aires: Prometeo, 2003 e 2013, 2ª. Edición)
  • La Escritura en el cuerpo de las mujeres asesinadas en Ciudad Juárez. Territorio, Soberanía y Crímenes de Segundo Estado (México, DF: Universidad del Claustro de Sor Juana, 2006)
  • La Nación y sus Otros (Buenos Aires: Prometeo, 2007)
  • L’Oedipe Noir (París: Petite Bibliothèque Payot, editorial Payot et Rivages, 2014)
  • Las nuevas formas de la guerra y el cuerpo de las mujeres (México, DF: Pez en el Árbol, 2014)
  • La crítica de la colonialidad en ocho ensayos (Buenos Aires: Prometeo, 2015)
  • La Guerra contra las mujeres (Madrid: Traficantes de Sueños, 2016)

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Ciclo de Encuentros "Trayectorias": Entrevista a Rita Segato". Colegio de Graduados en Antropología (en castelán). decembro 2014. Consultado o 4-7-2017. 
  2. Carbajal, Mariana (16-4-2017). "Rita Segato, el caso Micaela y una mirada desde el feminismo sobre las violaciones". Página 12 (en castelán). 
  3. Segato, Rita (2013). La escritura en el cuerpo de las mujeres asesinadas en Ciudad Juárez. Territorio, soberanía y crímenes de segundo estado (PDF) (en castelán). Buenos Aires: Tinta Limón Ediciones. ISBN 978-987-27390-4-1. 
  4. Patricia Reguero (18-5-2017). "La masculinidad busca mostrar potencia, aunque sea monstruosa". Pikara Magazine (en castelán). Consultado o 4-7-2017. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar