Abrir o menú principal

Adolfo Allegue Allegue

guerrilleiro antifranquista galego
(Redirixido desde "Riqueche")

Adolfo Cipriano Allegue Allegue, coñecido como Riqueche, nado en Grandal (Vilarmaior) o 10 de marzo de 1919 e finado en Monfero o 31 de outubro 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Adolfo Allegue Allegue
Nacemento10 de marzo de 1919
 Grandal
Falecemento31 de outubro de 1949
 Monfero
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistência
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Exerceu como carpinteiro en Vilarmaior. Pasou polo cárcere (1941-1943). En 1946 ingresou no Partido Comunista de España e actuou como enlace da guerrilla. Dous anos despois botouse ao monte e liderou o destacamento Arturo Cortizas pertencente á IV Agrupación Guerrilleira que actuaba na época no norte da provincia da Coruña. En 1949 o destacamento trasladouse aos concellos de Vilarmaior, Pontedeume e Monfero. Morreu cos seus compañeiros Antonio López Arias, José Chao Rouco, José Temblás Paz, Juan Freire Barcia, Rogelio Alonso Carral e José Ramuñán Barreiro, nun enfrontamento coa Garda civil en Pazos (San Fiz de Monfero) o 31 de outubro de 1949.[1]

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 1-11-1949, p. 2.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externasEditar