Francos ripuarios

pobo xermánico
(Redirección desde «Ripuarios»)

Os francos ripuarios (ou riparios) eran unha subtribo dos francos xermánicos. "Ripuario" significa "do río", e é principalmente o oposto de "salio", que significa "salgado", "marítimo", dos francos salios. Os ripuarios eran realmente "do río", vivindo principalmente na Renania, mentres que os salios recibiran esa denominación por viviren preto do litoral, onde hoxe están Bélxica e Países Baixos.

A capital dos francos ripuarios na época de Clodoveo I dos salios era Colonia. Dous dos seus reis están rexistrados: Sixeberto o Coxo e o seu fillo Cloderico. Ambos foron derrotados por Clodoveo I por volta de 508, cando os ripuarios foron anexados a nación franca.

Véxase tamén

editar

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.