Ril

órgano que filtra o sangue
(Redirección desde «Riles»)

Os riles son dous órganos con forma de feixón que filtran o sangue do aparato circulatorio e permiten a excreción a través da urina de diversos residuos metabólicos do organismo por medio dun sistema complexo que inclúe mecanismos de filtración, absorción e excreción.

Ril
Riles humanos vistos desde atrás coa espiña eliminada
Riles de cordeiro
Latín ren
Gray's pág.1215
Arteria Arteria renal
Vea Vea renal
Nervio(s) Plexo renal
MeSH Kidney
Dorlands/Elsevier Kidney

Localización e características editar

No ser humano cada un ten, aproximadamente, o tamaño do seu puño pechado. Están localizados no retroperitoneo, xusto debaixo das costelas, á altura das primeiras vértebras lumbares.

Cada día os riles procesan uns 200 litros de sangue para producir, aproximadamente, 2 litros de urina, unha solución líquida composta de auga e diversas substancias en cantidade variábel que se eliminan do organismo, procedentes do metabolismo corporal. A urina baixa continuamente á vexiga urinaria a través duns condutos chamados uréteres. A vexiga almacena a urina ata o intre de ouriñar.

Funcións do ril editar

Os residuos eliminados na urina proceden da actividade metabólica de todo o organismo. Se os riles non eliminaran estes residuos, acumularíanse no sangue e serían nocivos para o organismo. Ademais de eliminar os produtos de rexeitamento, as células renais producen substancias que controlan diversas funcións no organismo. Os riles producen renina, que regula a tensión arterial mediante o sistema renina-anxiotensina-aldosterona; producen eritropoetina que regula a síntese de glóbulos vermellos e actúa na formación da vitamina D, esencial para a síntese de tecido óseo.

Filtrado editar

 
Na nefrona (lado esquerdo da gráfica), pequenos vasos sanguíneos entrelázanse con tubos colectores de urina. Cada ril contén arredor de 1 millón de nefronas.
 
Riles de año

A filtración ocorre en pequenas unidades colocadas dentro dos riles chamadas nefronas. Cada ril ten arredor dun millón de nefronas. Na nefrona, un glomérulo -que é un pequeno vaso sanguíneo ou capilar- entrelázase cun pequeno tubo colector de urina chamado túbulo. Prodúcese un complicado intercambio de substancias químicas a medida que os rexeitos e a auga saen do sangue e entran no sistema urinario.

Ao principio, os túbulos reciben unha mestura de refugallos e substancias químicas que o corpo aínda pode usar. Os riles recuperan algunha das substancias químicas, tales como o sodio, o fósforo e o potasio, e envíannas de regreso ao sangue, que as devolve ao corpo. Dese xeito, os riles regulan a concentración desas substancias no corpo. Fai falla un equilibrio correcto para manter a vida, mais as concentracións excesivas poden ser prexudiciais.

Ademais de retirar os refugallos, os riles liberan tres hormonas importantes:

  1. eritropoetina, que estimula a produción de glóbulos vermellos pola medula ósea.
  2. renina, que regula a presión arterial.
  3. a forma activa da vitamina D, que axuda a manter o calcio para os ósos e para o equilibrio químico normal no corpo.

Doenzas que afectan os riles editar

 
Os desperdicios filtrados do sangue pasan á vexiga.

Case todas as doenzas dos riles atacan as nefronas e fanlles perder a súa capacidade de filtración. A lesión ás nefronas pode ocorrer axiña, a miúdo como resultado de lesión ou intoxicación, mais case todas as doenzas dos riles destrúen as nefronas lenta e silenciosamente. Talvez pasen moitos anos ou aínda decenios antes de que se manifeste o dano.

As dúas causas de doenza dos riles máis comúns son a diabetes e a tensión arterial alta (hipertensión).

Lista de doenzas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar