Rick Husband

Astronauta estadounidense

Rick Douglas Husband, nado en Amarillo, Texas, o 12 de xullo de 1957 e finado o 1 de febreiro de 2003, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-107 e STS-96.[1][2]

Rick Husband
Datos persoais
Nacemento12 de xullo de 1957
LugarAmarillo, Texas
Falecemento1 de febreiro de 2003
Actividade
MisiónsSTS-107 e STS-96
Tempo no espazo25,73 días
PremiosMedalla de Honra Espacial do Congreso e Medalla de Servizo Distinguido da NASA
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Husband graduouse en enxeñería mecánica pola Universidade Tecnolóxica de Texas 1980 e era máster na mesma materia pola Universidade do Estado de California en Fresno en 1990.[1][2]

Foi seleccionado pola NASA en decembro de 1994, participando nas misións STS-96 e STS-107, falecendo nesta última durante o accidente do transbordador espacial Columbia.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Husband, Rick Douglas" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (febreiro de 2003). "RICK DOUGLAS HUSBAND (COLONEL, USAF) NASA ASTRONAUT" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2020. Consultado o 17 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar