Richard Rorty
Richard McKay Rorty, nado en Nova York o 4 de outubro de 1931 e finado en Palo Alto o 8 de xuño de 2007, foi un filósofo estadounidense.
Richard Rorty | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 4 de outubro de 1931 |
Lugar de nacemento | Nova York |
Falecemento | 8 de xuño de 2007 e 8 de abril de 2007 |
Lugar de falecemento | Palo Alto |
Causa | cancro de páncreas |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | ateísmo |
Alma máter | Universidade de Chicago e Universidade Yale |
Ocupación | filósofo, pedagogo, profesor universitario e escritor |
Pai | James Rorty |
Nai | Winifred Rauschenbusch |
Premios | Bolsa de estudos Guggenheim, Bolsa MacArthur, Meister Eckhart Prize, Wilbur Cross Medal, honorary doctorate of the Vrije Universiteit Brussel e honorary doctor of Babeș-Bolyai University |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Estudou nas universidades de Chicago e Yale, e amosou un forte interese pola historia da filosofía e a filosofía analítica contemporánea, esta última foi o principal foco do seu traballo na Universidade de Princeton na década de 1960. Rorty tivo unha longa carreira académica, foi profesor de filosofía nas universidades de Princeton Princeton University, Virxinia, e profesor de literatura comparada na Universidade Stanford. Entre os seus libros máis coñecidos están Philosophy and the Mirror of Nature (1979) e Contingency, Irony, and Solidarity (1989).
Rorty está considerado como un dos principais representantes do pensamento pramático contemporáneo, reclamándose tamén debedor de William James, de John Dewey,de Nietzsche, Heidegger, Michel Foucault e mesmo Quine e Davidson.
Este artigo sobre filosofía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |