Richard Felton Outcault

Richard Felton Outcault nado en Lancaster, Ohio, o 14 de xaneiro de 1863 e finado en Flushing, Nova York, o 25 de setembro de 1928, foi un autor e ilustrador [1] de banda deseñada estadounidense, en particular das series The Yellow Kid e Buster Brown. É considerado o inventor da banda deseñada moderna.

Richard Felton Outcault
Nacemento 14 de xaneiro de 1863
Lancaster
Morte 25 de setembro de 1928 (65 anos)
Flushing
Sepultamento Forest Lawn Memorial Park (Glendale)
Cidadanía Estados Unidos
Alma mater
  • Art Academy of Cincinnati
Ocupación artista de banda desenhada, pintor, roteirista, fotógrafo
Empregador The Street Railway Journal, Truth Magazine, Judge, New York World, New York Journal American, New York World, New York Herald, New York Journal American
Obras destacadas The Yellow Kid
Sinatura

BiografíaEditar

Outcault comezou a súa carreira como debuxante técnico para Thomas Edison e como arte-finalista para as revistas Judge e Life. Logo tamén se uniría a New York World, que usaba as tiras de Outcault para un suplemento de cor experimental que empregaba unha soa caricatura nun panel de portada chamado "Hogan's Alley", que debutou o 5 de maio de 1895.

En outubro de 1896, Outcault abandonou o New York Journal xerando unha demanda que resultou en que New York World asumise o título de "Hogan's Alley".

En Journal, Outcault comezou a experimentar co uso de varios paneis de cuadriños ou viñetas, e os globos de diálogo ou bocadillos. Aínda que non foi o primeiro en usar ambas as técnicas, foi el quen creou o estándar polo que se medirían os cómics posteriormente.

 
The Yellow Kid
 
Friend of the Comic People, banda deseñada de carácter político, 1906

NotasEditar

  1. "Richard Felton Outcault" (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2019.