Richard A. Searfoss

astronauta estadounidense

Richard Alan Searfoss, nado en Mount Clemens, Míchigan, o 5 de xuño de 1956 e finado o 29 de setembro de 2018, foi un astronauta estadounidense que participou nas misións STS-58, STS-76 e STS-90.[1][2]

Richard A. Searfoss
Datos persoais
Nacemento5 de xuño de 1956
LugarMount Clemens
Falecemento29 de setembro de 2018
Actividade
MisiónsSTS-90, STS-58 e STS-76
Tempo no espazo39,14 días
PremiosCruz de Voo Distinguido e Eagle Scout
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Searfoss graduouse en enxeñaría aeronáutica pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1978 e era máster en aeronáutica polo Instituto de Tecnoloxía de California. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xaneiro de 1990, participando nas misións STS-58, STS-76 e STS-90 e pasando un total de 39,14 días no espazo.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "Searfoss, Richard Alan" (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 NASA, ed. (12 de agosto de 2020). "Richard A. Searfoss" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2021. Consultado o 20 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar