Ricardo Blázquez
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
Ricardo Blázquez Pérez, nado en Villanueva del Campillo (Ávila) o 13 de abril de 1942, e un eclesiástico católico castelán, actualmente arcebispo metropolitano de Valladolid.
Traxectoria
editarFoi ordenado sacerdote da diocese de Ávila o 18 de febreiro de 1967 polo seu bispo, Santos Moro Briz.
O 8 de abril de 1988 foi nomeado bispo titular de Germa in Galatia e bispo auxiliar de Santiago de Compostela, cando a arquidiocese estaba gobernada por Antonio María Rouco Varela. Recibiu a ordenación episcopal o 29 de maio, de mans do mesmo arcebispo, sendo os co-consagradores principais o arcebispo de Madrid Ángel Suquía e o nuncio apostólico Mario Tagliaferri.
O 29 de maio de 1992 foi nomeado bispo de Palencia. O 8 de setembro de 1995 foi nomeado bispo de Bilbao. Como bispo de Bilbao consagrou como bispos aos auxiliares Carmelo Echenagusia, en 1995, e Mario Iceta, en 2008. O 13 de marzo de 2010 foi nomeado arcebispo metropolitano de Valladolid. En 2014 foi elixido para suceder ao cardeal Rouco á fronte da Conferencia Episcopal Española.
O 27 de xuño de 2015 Francisco nomeouno membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[1]
Notas
editar- ↑ "Nomina di Membri della Congregazione per le Chiese Orientali". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0513). 27 de xuño de 2015.
Il Santo Padre Francesco ha nominato Membri della Congregazione per le Chiese Orientali [...] Ricardo Blázquez Pérez [...]
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Nicolás Castellanos |
Bispo de Palencia 1992 - 1995 |
Sucesor: Rafael Palmero Ramos |
Predecesor: Luis María de Larrea Legarreta |
Bispo de Bilbao 1995 - 2010 |
Sucesor: Mario Iceta |
Predecesor: Braulio Rodríguez Plaza |
Arcebispo de Valladolid 2010 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |
Predecesor: Antonio María Rouco Varela |
Presidente da Conferencia Episcopal Española 2005 - 2008 |
Sucesor: Antonio María Rouco Varela |
Predecesor: Antonio María Rouco Varela |
Presidente da Conferencia Episcopal Española 2014 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |