Ribera Baja del Ebro

A Ribera Baja del Ebro é unha comarca de Aragón, en España, situada na provincia de Zaragoza, na ribeira do Ebro. A súa capital é Quinto.

Localización da comarca en Aragón.
Concellos da comarca.

MunicipiosEditar

A comarca engloba aos municipios de Alborge, Alforque, Cinco Olivas, Escatrón, Gelsa, Pina de Ebro, Quinto, Sástago, Velilla de Ebro e La Zaida.

XeografíaEditar

Limita ao norte cos Monegros, ao oeste con Zaragoza, ao sur co Campo de Belchite e o Bajo Martín e ao leste co Bajo Aragón-Caspe. Ás veces inclúese esta bisbarra dentro do Bajo Aragón Histórico.

CulturaEditar

Destacan entre o seu patrimonio o Mosteiro de Rueda, un mosteiro cisterciense no municipio de Sástago, e as ruínas da colonia romana de Celsa, inicialmente chamada Colonia Victrix Iulia Lépida, preto de Velilla de Ebro.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar