Ribeiro en Común
Ribeiro en Común é un colectivo cidadán e veciñal que xorde do manifesto homónimo para presentarse nas eleccións municipais de 2015 no concello de Ribadavia, con Brais Fidalgo Martínez como cabeza de lista.[1] En ditas eleccións conseguiu entrar na corporación municipal cun concelleiro e o 11,37% dos votos. Nas eleccións do 26 de maio de 2019 soben a 3 escanos obtendo o 21,77% dos votos, sendo chave de goberno para un novo mandato do PSdeG na vila. Porén, o veto de Ribeiro en Común a apoiar ao ata entón alcalde socialista Ignacio Gómez supuxo que o PPdeG lograse a alcaldía como lista máis votada[2]. En febreiro de 2021 presentaron xunto co PSdeG unha moción de censura que fixo alcaldesa á concelleira socialista Noelia Rodríguez[3], pasando a gobernalos socialistas e ReC en coalición, sendo o líder da formación, Brais Fidalgo, portavoz do goberno. Nas eleccións municipais de maio de 2023 a formación sufriu unha auténtica desfeita e perdendo o 66% dos seus apoios, logrando un 7,53% dos votos e tan só un concelleiro, o seu líder Brais Fidalgo. Isto, sumado á obtención da maioría absoluta por parte do PPdeG, imposibilitando por tanto un novo goberno de esquerdas, supuxo que a formación pasase á oposición.
Ribeiro en Común | |
---|---|
Candidatura municipal | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Brais Fidalgo |
Historia | |
Fundación | 2015 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Democracia Participativa Esquerdismo |
Representación | |
Concelleiros en Ribadavia | 1 / 13 |
Outros datos | |
Na rede | |
ribeiroencomun.wordpress.com | |
Notas
editar- ↑ Xunta Electoral de Zona de Ribadavia. Candidaturas presentadas para as eleccións municipais do ano 2015 Arquivado 22 de abril de 2017 en Wayback Machine. Boletín Oficial da provincia de Ourense, 22/04/2015.
- ↑ La discordia entre PSOE y Ribeiro en Común permite al PP gobernar Ribadavia
- ↑ Culmina la moción de censura en Ribadavia