Abrir o menú principal

Reyes Calderón

escritora española

Reyes Calderón Cuadrado, nada en Valladolid en 1961, é unha escritora e profesora universitaria española.

Reyes Calderón
Reyes Calderon.jpg
Nacemento14 de novembro de 1961
 Valladolid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valladolid e Universidade de Navarra
Ocupaciónescritora, novelista e catedrática
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 1984 licenciouse en Economía e Administración de Empresas pola Universidade de Valladolid, onde completou o posgrao no programa de doutoramento en Económicas. Posteriormente trasladouse a Navarra, onde fixou a súa residencia. Desde 1987 é membro da Facultade de Economía e Administración de Empresas da Universidade de Navarra, pola cal obtivo sucesivamente os doutorados en Economía (1991) e Filosofía (1997). Entre 2008 e 2014 foi ademais decana da Facultade de Económicas de dita universidade. No ámbito académico a súa actividade oriéntase ao estudo de boas prácticas de goberno corporativo e de estratexias de anticorrupción e transparencia.[1]

Compaxina a docencia e investigación coa creación literaria. En 2005 publicou a súa primeira novela, Las lágrimas de Hemingway, primeira da serie protagonizada pola xuíza Lola MacHor.

ObrasEditar

Serie protagonizada por Lola MacHorEditar

  • Las lágrimas de Hemingway (Editorial Difácil, 2005)
  • Los crímenes del número primo (RBA Libros, 2008)
  • El Expediente Canaima (RBA Libros, 2009)
  • El último paciente del doctor Wilson (Planeta, 2010)
  • La venganza del asesino par (Planeta, 2012)
  • La puerta del cielo (Planeta, 2015)
  • Dispara a la luna (Planeta, 2016)

Outras novelasEditar

  • El jurado número 10 (Planeta, 2013)
  • Tardes de chocolate en el Ritz (Planeta, 2014)

Premios e recoñecementosEditar

  • Premio Abogados de Novela (Martínez Roca, Grupo Planeta) por El jurado número 10 (2013)
  • Premio Azorín (Deputación de Alacant, Planeta.) por Dispara a la luna (2016)[2]

NotasEditar

  1. "Reyes Calderón. Universidad de Navarra". www.unav.edu. Consultado o 2 de novembro de 2016. 
  2. "Reyes Calderón pone risa y llanto en "Dispara a la Luna", premio Azorín". eldiario.es. Consultado o 2 de novembro de 2016. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar