Abrir o menú principal

Rexina Vega

escritora galega
(Redirixido desde "Rexina Rodríguez Vega")

Rexina Rodríguez Vega, nada en Vigo o 18 de novembro de 1966, é unha escritora e investigadora da literatura galega.

Rexina Vega
Rexina Vega (AELG)-3.jpg
Nacemento18 de novembro de 1966
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora
XénerosNarrativa e ensaio
EstudosFiloloxía Románica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Doutora en Filoloxía Románica (tese: Bilingüismo e autotradución en Álvaro Cunqueiro), profesora e investigadora no ámbito da literatura galega, é especialista na obra de Álvaro Cunqueiro, autor sobre o que ten publicados varios estudos. Exerceu tamén a crítica literaria en publicacións como Praza.gal[1], A Nosa Terra, Grial ou o Anuario de Estudos Literarios Galegos. No campo da lexicografía formou parte do equipo de redacción dos dicionarios bilingües español-francés da editorial Larousse e do Dicionario Vox galego-castelán.[2]

Durante os anos noventa exerceu a docencia na área de filoloxía galego-portuguesa na Universidade Autónoma de Barcelona. Pasou despois a ser profesora do departamento de Lingua española na Universidade de Vigo,[3] tendo sido anteriormente profesora de Lingua e literatura galega no Instituto San Tomé da mesma cidade e do Departamento de Lingua Galega no IES Plurilingüe Terra de Turonio en Gondomar.

ObraEditar

NarrativaEditar

  • Cardume (2007) Xerais. 200 páxs. Ed. en ePubl.[4][5]
  • Dark Butterfly (2012). Xerais. 176 páxs. Ed. en ePub.[6][7]
  • Nadie duerme (2017). Pepitas de Calabaza. 96 páxs. (Como Xina Vega). Ninguén dorme (2019). Laiovento. 70 páxs.[8]

EnsaioEditar

EdiciónsEditar

Obras colectivasEditar

  • Álvaro Cunqueiro e as amizades catalanas. Actas do Congreso Internacional "Álvaro Cunqueiro a Catalunya" (2003). Edicións do Castro).
  • Álvaro Cunqueiro: fotobiografía sonora (2009). Ouvirmos. Con César Morán.
  • VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior (2012) Deputación da Coruña.
  • Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza (2017). Através Editora.

PremiosEditar

  • Premio Ricardo Carvalho Calero de investigación, por Álvaro Cunqueiro. Unha poética da recreación.
  • Premio Xerais no 2007, por Cardume.
  • Premio Stendhal, e finalista do Premio Nacional de Tradución, pola obra de Georges Perec El secuestro.

NotasEditar

  1. "O xornal da Galicia que vén". Praza Pública. Consultado o 2019-11-12. 
  2. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-11-12. 
  3. "Rexina Vega". www.aelg.gal. Consultado o 2019-11-12. 
  4. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-11-12. 
  5. Bragado, Manuel. ""Cardume" de Rexina Vega – Brétemas". Consultado o 2019-11-12. 
  6. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-11-12. 
  7. "Rexina Vega: «Dark Butterfly parte dunha experiencia persoal que necesitaba contar». Entrevista en Radiofusión. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Consultado o 2019-11-12. 
  8. "Edicións Laiovento - Rexina Vega". www.laiovento.com. Consultado o 2019-11-12. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar