Rexión de Cherkasy

O Óblast de Cherkasy (en ucraíno Черкаська область) é un óblast (provincia) de Ucraína central, situado ao longo do río Dnieper. A súa capital administrativa é Cherkasy.

Черкаська область
Óblast de Cherkasy
Bandeira de
Escudo de
BandeiraEscudo
Cherkasy in Ukraine.svg
EstadoUcraína Ucraína
CapitalCherkasy
 • Poboación286.037 (2011)
Cidade máis poboadaCherkasy
Lingua oficialUcraíno
Forma de gobernoRada do óblast de Cherkasy
Serhiy Tulub[1] (Partido das Rexións)[1]
SuperficiePosto 18º
 • Total20,900 km²
Fronteirasn/d km
Costas0 km
PoboaciónPosto 15º
 • Total1,335,064 (2006) hab.
 • Densidade64 hab./km²
Fuso horarioUTC+2
 • Horario de veránUTC+3
Dominio de Internet.ua
Código ISOUA-71

XeografíaEditar

Con 20.900 km², o óblast de Cherkasy é o 18º máis grande do país, comprendendo sobre o 3,5 % da área. Fai fronteira ao norte co óblast de Kiev, ao sur co óblast de Kirovohrad, ao oeste co óblast de Poltava, e ao leste co óblast de Vinnytsya.

EconomíaEditar

A economía do óblast de Cherkasy está en gran parte dominada pola agricultura. Mentres o trigo e as remolachas de azucre son os principais produtos, a cebada, o millo, o tabaco e o cánabo son tamén cultivados.

A industria está principalmente concentrada en Cherkasy, a capital do óblast e a cidade máis grande.

Organización administrativaEditar

O óblast de Cherkasy está dividido en 20 raions (distritos). Hai un total de 25 cidades, 34 vilas e 838 aldeas.

Os datos seguintes incorporan a cantidade de cada tipo de divisións administrativas do óblast de Cherkasy:

  • Centro administrativo - 1 Cherkasy;
  • Raions - 20;
  • Cidade - Raion - 2;
  • Concellos - 855, incluíndo;
    • Aldeas - 824;
    • Cidades/Vilas - 31, incluíndo;
      • Asentamentos de tipo urbano - 15;
      • Cidades - 16, incluíndo;
        • Cidades baixo o subestatuto do óblast - 6;
        • Cidades baixo o subestatuto do raion - 10;
  • Silradas - 525

RaionsEditar

 
Mapa dos raions do óblast de Cherkasy.

NotasEditar