Rexión Sur do Brasil

A rexión Sur é unha das cinco grandes rexións nas que encontra dividido o Brasil.[1] Comprende os estados do Paraná, Rio Grande do Sul e Santa Catarina,[2] que xuntos totalizan unha superficie de 576.409,6 km². A rexión Sur é a menor das rexións brasileiras, e forma parte da rexión xeoeconómica Centro-Sur.[3] É un grande polo turístico, económico e cultural, abranguendo grande influencia europea, principalmente de orixe italiana[4] e xermánica.[5] Presenta bos índices sociais en varios aspectos: posúe o maior IDH do Brasil, 0,831, e o terceiro maior PIB per cápita do país, 18.257,79 reais, atrás apenas da Rexión Sueste e da Rexión Centro-Oeste.

Rexión Sur do Brasil

Fai fronteiras co Uruguai polo sur, coa Arxentina e co Paraguai polo oeste, coa rexión Centro-Oeste e Sueste polo norte e co océano Atlántico polo leste.

A súa historia está marcada pola grande inmigración europea,[6] pola Guerra dos Farrapos,[7] tamén chamada de Revolución Farroupilla[8] e máis recentemente pola Revolución Federalista,[9] co seu principal evento o Cerco da Lapa. Outra revolta ocorrida na historia da rexión foi a Guerra do Contestado,[10] de carácter relixioso.

NotasEditar