Rexión Autónoma de Bougainville

Bougainville é unha das subdivisións de Papúa Nova Guinea constituída como rexión autónoma desde o 15 de xuño do 2005, a diferenza do resto das subdivisións de Papúa Nova Guinea, que son provincias. Tamén se lle chama á rexión Salomóns do Norte, pois forma parte do arquipélago das Salomón, ademais de terse constituído xa en 1975 durante uns meses como República de Salomón do Norte. Durante o dominio alemán referíronse como Illas Salomón do Norte.

Rexión Autónoma de Bougainville
Bandeira de Bougainville
Bandeira de Bougainville
Escudo de Bougainville
Escudo de Bougainville
BandeiraEscudo
EstadoPapúa Nova Guinea Papúa Nova Guinea
CapitalBuka
 • Poboación7.700 (2006)
Cidade máis poboadaArawa
Presidente
Vicepresidente
John Momis (2010–presente)
Raymond Masono (2017–presente)
 • Total10.049 km²
 • Total249.358 (2011) hab.
 • Densidaden/d
Fuso horarioUTC+11
Código ISOPG-NSB
Provincia de Bougainville

A illa principal é a propia Bougainville, mais está acompañada da illa Buka como tamén doutras pequenas illas. A súa capital é Buka temporalmente, a esperas de que se volva para Arawa. A poboación da provincia era de 175.160 no censo de 2000.

Mapa das Salomón Setentrionais

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar