Retiano

O Rhaetiano, Raetiano ou Retiano é unha división da escala temporal xeolóxica, a última idade do Triásico Superior, terceira época do período Triásico. Esta etapa esténdese desde 208,5 até 201,3 millóns de anos atrás, aproximadamente. O Retiano sucede o Noriano e precede o Hettanxiano do Xurásico Inferior.

Nesta idade, Panxea empezou a dividirse, aínda que o océano Atlántico aínda non estaba formado.