Residue (serie de televisión)

Serie de televisión británica

Residue é unha serie de televisión británica dirixida por Álex García López. Trátase dunha produción de ciencia ficción de tres episodios que se centra na vida da fotoxornalista Jennifer Preston despois dunha misteriosa explosión no centro da cidade na que vive. A serie foi dobrada ao castelán, alemán e francés. A rodaxe tivo lugar en Hong Kong, Londres e Yorkshire.

Residue
FormatoDrama e ciencia ficción
Creado porÁlex García López
País de orixeReino Unido Reino Unido
Lingua(s)Inglés
Temporadas1
Episodios3
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Hugo Heppell
Greg Phillips
Jonathan Ford
Alan Lathan
Duración43 minutos por episodio
DistribuidorFreeway Entertainment and Content Media Corporation
Emisión orixinal
Canle de orixeNetflix
Primeiro episodio31 de marzo de 2015
Na rede
IMDB: tt4568372 Allocine: 19652
Facebook: LWHresidue Netlix: 80035480Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Argumento editar

Tras unha grande explosión nun club nocturno durante a celebración do Aninovo, o goberno pon en corentena unha ampla zona da cidade alegando contaminación por mor dunha arma química. A fotoxornalista Jennifer Preston investiga unha serie de sucesos misteriosos que acontecen arredor das zonas contaminadas. Descubrirá unha rede de mentiras relacionadas cos fenómenos paranormais que parecen ter orixe na área en corentena, mentres o goberno tenta seguir gardando o segredo.[1]

Elenco editar

Elenco Personaxe
Natalia Tena Jennifer Preston
Iwan Rheon Jonas Flack
Jamie Draven Levi Mathis
Danny Webb Emeril Benedict
Franz Drameh Willy G
Adrian Schiller Pierce
Eleanor Matsuura Angela Rossi
Brian Ferguson Dickie Prince
Emilia Jones Charlotte
Tom Goodman-Hill Keller

Notas editar

  1. TBIvision (ed.). "Show of the week: Residue". Consultado o 25 de xuño de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar