Resident Evil: Apocalypse
Resident Evil: Apocalypse é un filme de terror estadounidense dirixido por Alexander Witt que se estreou no 2004. Segundo filme da franquía de Resident Evil, precedido por Resident Evil (2002) e seguido por Resident Evil: Extinction (2007) e Resident Evil: Afterlife (2010).
Resident Evil: Apocalypse | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Resident Evil: Apocalypse |
Director | Alexander Witt |
Produtor | Paul W.S. Anderson Jeremy Bolt Don Carmody |
Guión | Paul W.S. Anderson |
Baseado en | Resident Evil de Capcom |
Intérpretes | Milla Jovovich Sienna Guillory Oded Fehr Sophie Vavasseur Sandrine Holt Mike Epps Thomas Kretschmann |
Música | Jeff Danna |
Fotografía | Derek Rogers Christian Sebaldt |
Montaxe | Eddie Hamilton |
Estudio | Constantin Film Davis Films Impact Pictures |
Distribuidora | Screen Gems |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 94 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Terror |
Orzamento | $45 000 000[1] |
Recadación | $129 300 000 |
Filme anterior | Resident Evil |
Filme seguinte | Resident Evil: Extinction |
Na rede | |
http://www.sonypictures.com/homevideo/residentevilapocalypse/index.html | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sinopse editar
Un virus mortal foi liberado sobre a poboación de Raccoon City. Alice (Milla Jovovich), unha das superviventes do desastre bioquímico, atópase no corazón desta devastada cidade. Sometida a experimentos que alteraron a súa xenética, agora ten forza, sentidos e velocidade sobrehumana. Estas habilidades, e máis, serán as que deba empregar se quere fuxir, xunto con outros superviventes da cada vez máis perigosa Raccoon City. Para acadar a súa meta terá que loitar contra as forzas da Umbrella Corporation, as violentas criaturas de bioenxeñería creadas nos seus laboratorios, os zombis que pragan a cidade e, finalmente, enfrontarse á máis colosal e mortal destas creacións: Némese.
Personaxes editar
- Milla Jovovich como Alice
- Sienna Guillory como Jill Valentine
- Oded Fehr como Carlos Olivera
- Thomas Kretschmann como Alcalde Timothy Cain
- Sophie Vavasseur como Angela Ashford
- Razaaq Adoti como Peyton Wells
- Jared Harris como Doutor Charles Ashford
- Mike Epps como Lloyd Jefferson (L.J.) Wayne
- Sandrine Holt como Terri Morales
- Matthew G. Taylor como Némese
- Zack Ward como Nicholai Ginovaeff
- Iain Glen como Doutor Sam Isaacs
- Dave Nichols como Capitán Henderson
- Stefen Hayes como Yuri Loginova
Notas editar
- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "Resident Evil: Apocalypse na TVG". Diario Siglo XXI. 4 de xuño de 2010. Consultado o 18 de abril de 2013.[Ligazón morta]
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)