Hospital Xeral de Vigo

edificio en Vigo, antigo hospital público
(Redirección desde «Residencia Almirante Vierna»)

O Hospital Xeral de Vigo era o principal centro hospitalario da cidade de Vigo. Estaba integrado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, dependente do Servizo Galego de Saúde.[2] O edificio é ben visible sobre a liña de edificios da cidade, sobre todo a grandes distancias ou dende o mar, dende onde se distingue a súa cor branca froito das últimas rehabilitacións da fachada e na que durante anos se vía en cor verde cobre.

Hospital Xeral
Vista da torre do Hospital Xeral (coñecida como Pirulí) dende o monte do Castro.
Edificio
Nome inicialResidencia Sanitaria Almirante Vierna[1]
EnderezoRúa Pizarro, 22
LocalizaciónVigo, Galicia Galicia
Coordenadas42°13′46″N 8°42′59″O / 42.22944444, -8.71638889Coordenadas: 42°13′46″N 8°42′59″O / 42.22944444, -8.71638889
PropietarioXunta de Galicia
Construción
Inicio1947
Remate1955
RemodelaciónNo ano 2000 reformase a fachada. En 2017 comezou a reforma de todo o edificio.
Dimensións
Altura75 metros
Plantas20
Equipo
Arquitecto(s)Martín José Marcide
Alfonso Penela (reforma de 2017)
editar datos en Wikidata ]

A torre do hospital, coñecida popularmente como O Pirulí, someteuse en 2017 a obras de rehabilitación, acollendo na actualidade a Cidade da Xustiza de Vigo.[3][4]

Historia editar

Proxectado polo arquitecto Martín José Marcide, comezouse a construír en 1947 e foi inaugurado por Francisco Franco no ano 1955 co nome de Residencia Sanitaria Almirante Vierna, un mariño ferrolán.[5]

A torre de 75 metros, constituíu un dos edificios máis altos de Galicia, ao que os vigueses chamaron de pirulí. Ten sufrido numerosas modificación e adición durante décadas que modificaron en gran parte a súa imaxe, por mor das necesarias ampliacións do complexo hospitalario.

Descrición e estilo editar

O acceso ao edificio orixinal era a través dunha grande escalinata, que desapareceu en 1982. Responde a unha arquitectura con certas referencias volumétricas á arquitectura norteamericana de comezos do século XX, polo menos na súa orixe, e incluso resulta afín ao estilo do arquitecto porriñés Antonio Palacios. A súa planta orixinal compúñase de dous volumes, un corpo principal, a torre de 20 andares, cuxa volumetría desenvolvía en chanzos evolucionando desde a cruz grega á cruz latina coa altura. Existiu outro volume baixo lixeiramente curvo que conformaba o antigo acceso dende a ampla escalinata exterior. Os corpos baixos das ás laterais da torre constituían sendas prazas dun certo interese urbano.

As ampliacións ao longo dos anos afectaron tanto á torre coma ao corpo baixo, regularizándose a volumetría en chanzos da torre, creándose, deste xeito, un único volume que simplifica a silueta.

Toda a fachada estaba revestida cun dado vitrificado de cor cinsenta que presentaba algunhas patoloxías (fendas, desprendementos etc.) e que foi cuberto, no ano 2000 (traballos que duraron tres anos), cunha fachada ventilada lixeira composta por placas metálicas de cobre prepatinado averdado, complementado con algúns taboleiros de madeira baquelizada, que deu illamento térmico. Este illamento foi retirado despois da remodelación, deixando o edificio novamente branco.

Cidade da Xustiza de Vigo editar

Artigo principal: Cidade da Xustiza de Vigo.

Despois do peche do hospital no ano 2015, a Xunta de Galicia anunciou un proxecto para rehabilitar o edificio e instalar alí as dependencias xudiciais da cidade. O proxecto foi deseñado polo arquitecto galego Alfonso Penela e recibirá o nome de Cidade da Xustiza de Vigo. As obras comezaron en marzo de 2017 que prevían finalizar en 2019.[6] O edificio foi finalmente inaugurado en maio de 2022.[7]

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar