República Soviética Independiente de Galicia

A República Soviética Independiente de Galicia foi proclamada en Ourense en 1932 e tan só durou unhas horas.

Modelo:Xeografía políticaRepública Soviética Independiente de Galicia

Localización
CapitalOurense Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación22 de marzo de 1932 Editar o valor en Wikidata
Disolución22 de marzo de 1932 Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

Os feitos producíronse en Ourense, no contexto dunha folga de traballadores das obras do ferrocarril entre Zamora e A Coruña, que protestaban ante a decisión do goberno republicano de paralizar os traballos de construción da liña.[1] A madrugada do 22 de marzo de 1932, os obreiros ocuparon a sede do goberno civil en Ourense e pecharon ó gobernador nun cuarto. Alí, o doutor comunista Antonio Fernández Carnicero e outros cinco compañeiros, retiraron a bandeira republicana e izaron unha cunha fouce e un martelo que dicía en letras douradas: República Soviética Independiente de Galicia.[1] A revolta levou a que varios concellos da Seabra pedisen a súa adhesión a Galicia, e sendo retiradas nos indicadores da comarca as referencias á provincia de Zamora, que foron substituídas polas da provincia de Ourense.[1]

Ás poucas horas a bandeira foi retirada, segundo conta Luís Soto no seu libro Castelao, a U.P.G. e outras memorias. Con todo, a mobilización conseguiu o obxectivo inicial de que o goberno retomase as obras do ferrocarril.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Torna, Cilia (22 de marzo de 2025). "A República Soviética Independente da Galiza cumpre 93 anos". Nós Diario. Consultado o 22 de marzo de 2025. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar