Renée Estevez
Renée Pilar Estevez,[1] nada o 2 de abril de 1967, é unha actriz e escritora estadounidense de ascendencia galega.
Renée Estevez | |
---|---|
Nome completo | Renée Pilar Estevez |
Nacemento | 2 de abril de 1967 |
Lugar | Nova York |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educada en | California Culinary Academy |
Pai | Martin Sheen |
Nai | Janet Sheen |
Profesión | actriz, escritora, actriz de teatro, actriz de televisión, actriz de cinema e guionista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estevez naceu na cidade de Nova York, sendo a cuarta de catro irmáns e a única filla de Janet (nada como Templeton) e do actor Martin Sheen (nado Ramón Estevez). O seu pai é de orixe irlandesa e galega.[2] Os seus tres irmáns son os actores Emilio Estevez, Ramon Estevez e Charlie Sheen (nado como Carlos Estevez). O seu home, Jason Thomas Federico, foi golfista profesional[3] e é un chef de Nova York. Coñecéronse na California Culinary Academy, e casaron o 11 de outubro de 1997.
NotasEditar
- ↑ "WEDDINGS; Renee Estevez, Jason Federico". The New York Times. 12 de outubro de 2007. Consultado o 28 de marzo de 2011.
- ↑ "The Good Son". The Irish Times. 13 de maio de 2011.
- ↑ "Lawrence Journal-World – Google News Archive Search". Consultado o 4 de outubro de 2011.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Renée Estevez na IMDb (en inglés).