Remuíño, A Arnoia, A Arnoia

Coordenadas: 42°14′20″N 8°08′21″O / 42.2387915, -8.1392291

Remuíño
Arnoia-remoinho.jpg
Vista xeral da aldea
ParroquiaA Arnoia
ConcelloA Arnoia
Poboación102 hab. (2011)

Remuíño é un lugar da parroquia da Arnoia no concello ourensán da Arnoia na comarca do Ribeiro. Segundo o INE[1] e o IGE[2] en 2011 tiña 102 habitantes (53 homes e 49 mulleres), os mesmos ca en 2010 (52 homes e 50 mulleres) e 15 menos ca en 2004.

HistoriaEditar

Remuíño era hai anos unha das tres parroquias do concello da Arnoia coa Arnoia e Sande. Despois quedaron reducidas a dúas: A Arnoia e Remuíño. Durante a II República, Remuíño tivo un dos núcleos máis activos do socialismo[3].

PatrimonioEditar

  • Igrexa de Santo Antón: do século XVIII con campanario do XIX, retablo neobarroco, gárdase nela unha suposta reliquia da cruz de cristo.
  • Casa do administrador da Inquisición: actualmente chamada "Vila petronila" casa con baixo e planta con escudo heráldico cos símbolos da Inquisición coroada por unha coroa de marqués.
  • Barrio bodegueiro de Pousadorio: un outeiro fronte a Remuíño no cal se atopan soamente bodegas e viñas, no seu alto subían na procesión das rogativas a botar a bendición ós campos, hoxe consérvase o penedo e no seu alto un oco cadrado onde se atopaba unha cruz,ao seu lado aínda se pode atopar unha roda de muíño tallada en situ.

Lugares e parroquiasEditar

Lugares da ArnoiaEditar

Lugares da parroquia da Arnoia no concello da Arnoia (Ourense)

A Reza | Bacelo | Carnós | Os Chaos | Lapela | A Laxa | Nogueiredo | Oliveira | O Outeiro | Outeiro Cruz | A Paixón | O Pomar | A Ponte | Porqueira | Quinteiros | Remuíño | O Rial | San Amaro | Sendín

Parroquias da ArnoiaEditar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Arnoia

A Arnoia (San Salvador) Remuíño (Santo Antón)

NotasEditar

  1. INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2012. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia - A Arnoia - A Arnoia" (en galego). Consultado o 9 de novembro de 2012. 
  3. Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión Julio Prada Rodríguez, Edicións do Castro, 2004.