Remei Sipi Mayo

escritora ecuatoguineana


Remei Sipi Mayo, nada en Rebola en 1952, coñecida popularmente como Tía Remei, é unha educadora infantil, escritora, editora, conferenciante, directora de teatro, investigadora e activista ecuatoguineana experta en xénero e desenvolvemento. É coñecida pola súa militancia no movemento asociativo de mulleres afrodescendientes e foi presidenta da Federación de Asociacións Guineanas de Cataluña.[1][2][3]

Infotaula de personaRemei Sipi Mayo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Rebola (España) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGuinea Ecuatorial Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , conferenciante , director teatral , editora literaria , educadora , activista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webremeisipi.es Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Remei Sipi naceu en 1952 en Rebola, unha localidade da illa de Bioko (Guinea Ecuatorial). En 1968, con 16 anos, trasladouse a Barcelona. Diplomouse en Educación Infantil e especializouse en xénero e desenvolvemento na Universitat Autònoma de Barcelona.[1][4]

Traballou en defensa da muller, as minorías étnicas e as persoas emigrantes e impulsou o movemento asociativo de mulleres africanas. Nos eventos interculturais aos que foi convidada tentou evitar a folklorización. A principios dos anos 80 converteuse na presidenta da Asociación Sociocultural Riebapua, o colectivo bubi de Guinea Ecuatorial en Cataluña. En 1990 cofundou a asociación E’Waiso Ipola, que significa «muller, érguete» (ou «espabila») en lingua bubi.[5] Tres anos máis tarde cofundou Mfundi-Kupa, asociación de intelectuais africanos en España. Amais, cofundou a Red de mujeres inmigrantes en Cataluña e, en 2005, Yamanjá, unha asociación de mulleres inmigrantes que tamén presidiu.[1][6][7][8][9]

Sipi ostentou os cargos de presidenta da Federación de Asociacións Guineanas de Cataluña, vicepresidenta do Consell Nacional de les Dones de Catalunya, portavoz da Secretaría de mulleres da Federación de Colectivos de Inmigrantes en Cataluña e vogal do Consell da Llengua Catalana. Tamén foi membro da Rede de Mulleres Negras e de Minorías Étnicas de Europa, da Plataforma de Apoio aos Presos Políticos de Guinea Ecuatorial, do Grupo de Mulleres Ca la Dona de Barcelona e do grupo de mulleres María Zambrano.[9]

Ademais da literatura oral e o ensaio, escribiu sobre temas de xénero e mulleres migrantes africanas e ten publicados varios libros. Fundou a Editorial Mey, especializada en literatura ecuatoguineana.[1][10][11]

En 2018 foi un dos membros do xurado do Premi Consell Municipal d’Immigració de Barcelona (CMIB).[12][13]

Recoñecementos editar

Sipi foi recoñecida en diversas ocasións polo seu labor activista. En 2002 recibiu o IX Premio Pasionaria, entregado por Izquierda Unida de Xixón, en nome da Asociación de Mulleres Africanas.[14] En 2014 recibiu o Premio Raíces de Forum Andalucía.[1] En 2020 a Fundación Sabino Arana outorgoulle o Premio Sabino Arana pola súa militancia feminista e a súa loita polos dereitos da muller africana.[15]

Publicacións editar

  • Las mujeres africanas: Incansables creadoras de estrategias (1997). Wanafrica, ISBN 9788417150273
  • Inmigración y género. El caso de Guinea Ecuatorial (2004). GAKOA, ISBN 9788487303753
  • Les dones migrades: apunts, històries, reflexions, aportacions (2005). Institut Català de les Dones, ISBN 8439368887
  • El secreto del bosque: un cuento africano (2007).
  • Cuentos africanos (2008). CARENA, ISBN 9788496357167
  • Baiso, ellas y sus relatos (2015; xunto a Nina Camó e Melibea Obono). Mey, ISBN 9788460673446[16]
  • Mujeres africanas: Más allá del tópico de la jovialidad (2018). Wanafrica, ISBN 9788417150273[17]
  • Voces femeninas de Guinea Ecuatorial. Una antología (2019). ISBN 9788460673422[1][18]

Obras colectivas editar

  • Teléfono de emergencia literaria: escritoras ecuatoguineanas, antoloxía dos centros culturais de España en Bata e en Malabo (2020)[19]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Biografías de autores sobre la literatura africana en español". Biblioteca Africana (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  2. García, Elena (31 de xullo de 2020). "Remei Sipi: “Las mujeres africanas somos creadoras de estrategias para la supervivencia de todo nuestro entorno”". El Salto (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  3. "Sipi Mayo hablará de las mujeres africanas en España". La Voz de Galicia (en castelán) (Vigo). 27 de novembro de 2018. Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  4. "Remei Sipi Mayo". Seminario de Mujeres Grandes (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  5. Sipi Mayo, Remei (12 de xaneiro de 2001). "La asociación de mujeres E'Waiso Ipola" (PDF). Fundación Betiko (en castelán). 
  6. García, Elena (31 de xullo de 2020). ""Mi referente estaba en casa": tres mujeres afrodescendientes nos hablan de sus modelos a seguir". El País (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  7. Ferreira, Maialen (21 de novembro de 2020). "Remei Sipi: “El feminismo no lo inventó la mujer del norte, ya existía en África”". elDiario.es (en castelán) (Bilbao). Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  8. Jurado, Ángeles (14 de febreiro de 2013). "Las caras de la diáspora (3)". El País (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  9. 9,0 9,1 "Remei Sipi Mato". Biblioteca Virtual Fandom (en castelán). 30 de outubro de 2017. 
  10. Sánchez Borroy, Ana (2 de xuño de 2018). "“Mis compañeras del norte creen que han inventado el feminismo. En África lo ha habido siempre”". elDiario.es (en castelán) (Zaragoza). Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  11. Mbomío, Lucía (20 de abril de 2019). "Remei Sipi: “Se nos victimiza con un paternalismo nocivo para la reafirmación de identidades y el necesario empoderamiento”". Afroféminas (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  12. "Xè PREMI CONSELL MUNICIPAL D’IMMIGRACIÓ DE BARCELONA (CMIB) 2018" (PDF). Ajuntament de Barcelona (en catalán). 
  13. "AMIC – UGT guardonada amb el premi del Consell Municipal d’Immigració de Barcelona". UGT.cat (en catalán). 22 de decembro de 2015. Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  14. "Histórico del Premio Pasionaria". Izquierda Unida Xixón (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  15. "Remei Sipi, José Barreira, Amaia Gorostiza, Juan Antonio Urbeltz y la Academia de Ciencias Médicas de Bilbao, Premios Sabino Arana 2020". Bilboko Mediku Zientzien Akademia/Academia de Ciencias Médicas de Bilbao (en castelán). 15 de xaneiro de 2021. Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  16. Sipi Mayo, Remei; Obono, Melibea; Camó, Nina (2015). Baiso: (Ellas y sus relatos) (en castelán) (1ª ed.). Barcelona: Mey. ISBN 9788460673446. OCLC 958142128. 
  17. Sipi Mayo, Remei (2018). Mujeres africanas: más allá del tópico de la jovialidad (en castelán) (2ª ed.). Barcelona: Wanafrica. ISBN 9788417150273. 
  18. Sipi Mayo, Remei (2015). Voces femeninas de Guinea Ecuatorial: una antología (en castelán) (1ª ed.). Barcelona: Mey. ISBN 9788460673422. OCLC 957223751. 
  19. "Teléfono de emergencia literaria: escritoras ecuatoguineanas". Biblioteca Digital AECID (en castelán). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar