Relixión en Colombia

A relixión en Colombia está dominada por varias formas de cristianismo e é unha expresión dos diferentes patrimonios culturais da cultura colombiana que inclúe a colonización española, a nativa americana e a afrocolombiana, entre outras.[2] Aínda que a liberdade relixiosa existe en Colombia dende o código de traballo do indíxena americano en tempos da colonia, a Igrexa católica mantén privilexios de facto e de iure,[3][4][5] xa que o Concordato entre o Estado colombiano e a Igrexa católica consagrou o catolicismo como a relixión oficial no país dende 1886 ata a promulgación de liberdade de cultos en 1991.[6] Porén, e como resultado de máis dun século de dominación relixiosa do catolicismo, a maioría dos seus habitantes aínda se declaran pertencentes a devandita igrexa.[7]





Relixión en Colombia (The World Factbook 2014)[1]     Catolicismo (79%)     Pentecostalismo (6%)     Protestantismo (2%)     Outros protestantes (6%)     Outras relixións (2%)     Sen especificar (5%)

Malia que o Estado non mantén estatísticas oficiais sobre a identidade relixiosa dos cidadáns, o Pew Research Center publicou un estudo no 2014 que sitúa os católicos en 79%, protestantes en 13%, irrelixiosos en 6% e outras relixións en 2%.[8] Porén, existen diversidade de estimacións de fontes independentes e non independentes que varían amplamente, situando aos fieis das igrexas protestantes e pentecostais (a segunda maioría despois da Igrexa católica) en porcentaxes entre o 14%[9] e o 35%[10] do total da poboación en Colombia.

Liberdade relixiosa editar

A Constitución colombiana de 1991 aboliu a anterior condición da Igrexa católica como relixión do estado, e inclúe dous artigos que proporcionan liberdade de relixión:

  • Art. 13: Declara que "tódalas persoas nacen libres e iguais perante a lei" e que non serán discriminadas por razóns de "sexo, raza, orixe nacional ou familiar, lingua, relixión, opinión política ou filosófica".
  • Art. 19: Que garantiza expresamente a liberdade de relixión. "A liberdade de relixión está garantida. Toda persoa ten dereito a profesar libremente a súa relixión e a difundila individual ou colectivamente. Tódalas relixións e igrexas son igualmente libres ante a lei."

Notas editar

  1. "CIA – The World Factbook – Colombia". Cia.gov. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2020. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  2. Cely, Beltrán; Mauricio, William (2013). Del monopolio católico a la explosión pentecostal' (PDF) (en castelán). Universidade Nacional de Colombia, Facultade de Ciencias Humanas, Centro de Estudos Sociais (CES), mestría en Socioloxía. p. 101. ISBN 978-958-761-465-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de marzo de 2016. Consultado o 23 de decembro de 2020. 
  3. Caracol Radio (31 de xullo de 2019). "Iglesias tienen que tener convenio para que no les embarguen los bienes". Consultado o 27 de xullo de 2020. La Corte Constitucional decidió dejar en firme el numeral 10 del artículo 594 del Código General del Proceso que señala que los bienes de las iglesias no se pueden embargar si firmaron un acuerdo con el Estado colombiano, lo cual, en principio solo beneficia a la Iglesia Católica porque se hablaba de concordato. 
  4. W Radio (31 de xullo de 2019). "Corte Constitucional prohibiría el embargo de bienes a más de 6.000 iglesias en el país". Consultado o 27 de xullo de 2020. Así, la iniciativa del magistrado Bernal propone tumbar parcialmente el artículo, promoviendo ese beneficio de la religión Católica a todas las iglesias. 
  5. Corte Constitucional de Colombia (10 de setembro de 2019). "Sentencia C-416/19". Consultado o 27 de xullo de 2020. «Como se indicó (apartado 8.1.1.), en la actualidad menos del 1% de las iglesias legalmente constituidas y reconocidas en Colombia tienen la posibilidad real de cumplir con alguno de los requisitos establecido en la norma para evitar el embargo de los bienes destinados al culto religioso, porque: i) el Concordato solo regula las relaciones del Estado con la Iglesia Católica, ii) Solo la Iglesia Católica tiene la capacidad jurídica de suscribir un tratado de derecho internacional con el Estado colombiano, iii) Solo 13 iglesias cristianas no católicas han logrado suscribir un Convenio de Derecho Público Interno, pues, aun cuando las iglesias interesadas cumplan con los requisitos formales para ello (f.j. 62), es potestativo del Estado decidir si suscribe o no el convenio, lo que en gran medida depende de las valoraciones de conveniencia que al respecto efectúe el Ministerio del Interior.» 
  6. Muñoz, Laura (4 de xullo de 2016). "25 años de la libertad religiosa y de cultos en Colombia". El Espectador. Consultado o 27 de xullo de 2020. 
  7. Arboleda Mora, Carlos (2013). "Estado de la religión en Colombia: pasado, presente y futuro". Universidade Pontificia Bolivariana: 40. Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  8. Cooperman, Allan; Sahgal, Neha (13 de novembro de 2014). "Religion in Latin America. Widespread Change in a Historically Catholic Region" (PDF) (en inglés). Universidade dos Andes: 14. Consultado o 10 de agosto de 2020. 
  9. El Papa Francisco y la Religión en Chile y América Latina: Latinobarómetro 1995-2017, xaneiro de 2018.
  10. "El pentecostalismo cristiano que no para de crecer". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2015. Consultado o 4 de abril de 2017.