Relampo do Catatumbo
O raio, lóstrego ou relampo de Catatumbo (en castelán Relámpago del Catatumbo)[1] é un fenómeno atmosférico que se dá en Venezuela. Desenvólvese exclusivamente nunha zona situada sobre a desembocadura do río Catatumbo na súa desembocadura no lago de Maracaibo, no estado Zulia. Os frecuentes e poderosos raios sobre esta área relativamente pequena considéranse o maior xerador de ozono troposférico do mundo,[2] é dicir, o ozono que non enche a ozonosfera estratosférica.[3]
Historia
editarFrecuencia
editarOrixínase a partir dunha masa de nubes de tormenta que crea un arco de máis de 5 km de altura, durante unha media de 140-160 noites ao ano, 10 horas ao día e até 280 veces á hora. Grazas a esa frecuencia de até cinco relampos por minuto, era un faro natural, chamado Faro de los navegantes ou Faro de Maracaibo.[4]
Atópase no lago de Maracaibo e arredores, normalmente nunha zona de páramo formada onde o río Catatumbo desemboca no lago.[5]
Parón de 2010
editarDespois de aparecer continuamente durante séculos, o raio cesou de xaneiro a abril de 2010 ao parecer debido á seca.[6] Isto provocou o temor de que puidese extinguirse definitivamente.[7] O fenómeno reapareceu despois duns meses.[8][4]
Récord en 2014
editarO espectáculo natural recibiu de parte de Guinnes WR en xaneiro do ano 2014 a certificación que o recoñece como o lugar de maior concentración de lóstregos do mundo, producindo 1176000 relampos ao ano, equivalendo a 250 por km2 ao ano, superando por 92 relampos por km2 á rexión de Kifuka, na República Democrática do Congo.[9]
Lugar e mecanismo de formación
editarOs relampos do Catatumbo adoitan desenvolverse entre as coordenadas 8°30′N 71°0′O / 8.500, -71.000 e 9°45′N 73°0′O / 9.750, -73.000. As treboadas (e os raios asociados) probablemente sexan o resultado dos ventos que sopran polo lago de Maracaibo e as chairas pantanosas circundantes. Estas masas de aire atópanse inevitabelmente coas cordilleiras altas dos Andes, a Serra de Perijá (3.750 m) e a Serra Nevada de Mérida, que rodean a chaira por tres lados. A calor e a humidade recollidas nas terras baixas crean cargas eléctricas e, cando as masas de aire se desestabilizan na dorsal da montaña, producen actividade treboenta practicamente continua.[6] O fenómeno caracterízase por caer relampos case continuos, principalmente dentro das nubes, que se producen dentro dunha gran formación de nubes vertical que forma un longo arco eléctrico entre 2 e 10 km de altura (ou máis). Os raios adoitan comezar unha hora despois do solpor.
Solicitude de inclusión na Lista de Patrimonio Natural da UNESCO
editarA rexión de Maracaibo no estado Zulia foi proclamada pola NASA como "Capital Mundial do Raio" e foi proposta como "Patrimonio Natural da Humanidade", en base á súa alta espectacularidade, á súa historia como Faro de navegantes, ao excepcional valor científico e ao seu papel como rexenerador de ozono. En 2005 foi aprobada na Asemblea Nacional de Venezuela o inicio das xestións, retomadas en 2021 despois dos recoñecementos da NASA e do Guinnes WR.[10]
Notas
editar- ↑ "Catatumbo, everlasting storm". www.fogonazos.es (en inglés).
- ↑ "Fire in the sky". meteogroup.co.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2008. Consultado o 30 de abril de 2022.
- ↑ "aug2010". wvlightning.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2012. Consultado o 30 de abril de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 Aragón, Heraldo de. "El rayo que no cesa". heraldo.es (en castelán). Consultado o 2022-04-30.
- ↑ "Catatumbo lighting". Realtravel.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 30 de abril de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 "Catatumbo". wondermondo.com (en inglés).
- ↑ "Venezuela lightning; El-niño" (en inglés). 5 marzo 2010.
- ↑ "Venezuela's-mysterious-Catatumbo-lightning-phenomenon-vanishes-months-reappears". abcnews.go.com/International/ (en inglés).
- ↑ "El faro natural del planeta está en Venezuela, es el Relámpago del Catatumbo". Entorno Turístico (en castelán). 2016-10-31. Consultado o 2022-04-30.
- ↑ "El Relámpago del Catatumbo y la Capital Mundial de los Relámpagos". Tiempo.com ; Meteored (en castelán). 2021-03-04. Consultado o 2022-04-30.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Relampo do Catatumbo |