Reino de Nova Galicia
O Reino de Nova Galicia, estaba formado por tres provincias maiores que abranguían a Provincia de Nova Galicia (Nayarit e Xalisco), a Provincia dos Zacatecas (Aguascalientes e Zacatecas) e a Provincia de Colima (Colima). O Reino de Nova Galicia era un dos dous únicos reinos autónomos dentro do Vicerreinado de Nova España. A conquista do territorio foi consumada por Nuño Beltrán de Guzmán. A primeira capital foi Tepic, trasladada en 1540 a Compostela, onde se estableceu un bispado sufragáneo do arcebispado. En 1560, a capital volveuse trasladar, esta vez a Guadalaxara. En 1786 as divisións políticas da Nova España foron establecidas en intendencias, por tanto, as Provincias de Nova Galicia e Colima pasaron a ser a Intendencia de Guadalaxara e a Provincia dos Zacatecas pasou a ser a Intendencia de Zacatecas.[1][2]
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Estado histórico | Imperio Español | |||
Vicerreinado | Vicerreinado de Nova España | |||
Capital | Tepic (1532–1540) Compostela (1540–1560) Guadalaxara (1560–1825) | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 1531 | |||
Disolución | 1825 | |||
Historia
editarNuño de Guzmán impuxo o nome de "Conquista do Espírito Santo da Maior España" aos territorios explorados e conquistados por el. Con todo, a raíña Sabela de Portugal, esposa de Carlos I, non estivo conforme co nome que lle outorgou Nuño de Guzmán ao territorio conquistado, polo que, por Real Cédula dada en Ocaña (España) o 25 de xaneiro de 1531, ordenou que se nomease ao territorio conquistado como "Reino de Nova Galicia" e se fundase unha cidade co nome de "Santiago de Galicia de Compostela" como capital.
Primeira organización territorial
editar- Provincia de Nova Galicia; Nayarit e Xalisco.
- Provincia de los Zacatecas; Aguascalientes e Zacatecas.
- Provincia de Colima; Colima.
Segunda organización territorial
editarNotas
editar- ↑ "Provincias Maiores do Reino de Nova Galicia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de xullo de 2011. Consultado o 25 de outubro de 2009.
- ↑ División Antiga de Nova España (Espagnol)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reino de Nova Galicia |
Outros artigos
editar- Tepic
- Compostela de Indias
- Nuño de Guzmán
- Marcos de Niza
- Francisco Vásquez de Coronado
- Real Audiencia de Guadalaxara
- Juan del Camino