Regulador do crecemento dos insectos

(Redirección desde «Regulador do crecemento de insectos»)

Un regulador do crecemento dos insectos (RCI) é unha substancia química que inhibe o ciclo vital dun insecto. Utilízanse como insecticidas para controlar poboacións de insectos daniños, como cascudas e pulgas.[1]

Vantaxes editar

Moitos destes reguladores están etiquetados como que teñen un "risco reducido" por algunhas axencias gobernamentais, como a Axencia de Protección Ambiental (EPA) dos EUA, o que significa que afectan a poboacións de insectos xuvenís daniños, mentres que causan menos efectos prexudiciais aos insectos beneficiosos. Moitos apicultores informaron que os reguladores do crecemento de insectos afectan negativamente ás larvas das abellas. A diferenza dos insecticidas clásicos, os RCI non afectan o sistema nervioso do insecto e son así máis inocuos cos "insectos traballadores" dentro de ambientes pechados.[2] Os RCIs son tamén máis compatibles cos sistemas de xestión de pragas que usan controis biolóxicos. Ademais, aínda que os insectos se fan resistentes a moitos insecticidas, é menos probable que adquiran resistencia a RCIs.[3]

Mecanismo de acción editar

A medida que un insecto crece, muda, forma un novo exoesqueleto baixo o antigo e despréndese do vello para permitir que o novo se expanda e adquira o novo tamaño antes de endurecer.[3] Os RCIs impiden que un insecto chegue á madurez ao interferir co proceso de muda.[4] Isto fai declinar as infestacións porque os insectos inmaturos non se poden reproducir.[1] Como estes RCIs funcionan interferindo co proceso de muda, matan os insectos máis lentamente que os insecticidas tradicionais. A morte adoita ocorrer en de 3 a 10 días, dependendo do produto RCI, o estadio de vida que ten o insecto no momento en que se aplica o produto e o rápido que se desenvolve o insecto. Algúns RCIs causan que o insecto pare de alimentarse moito antes de que morra.[4]

RCIs hormonais editar

Os RCIs hormonais funcionan tipicamente imitando ou inhibindo a hormona xuvenil, unha das dúas maiores hormonas que afectan a muda. Os RCIs poden tamén inhibir outra hormona, a ecdisona, cuxos niveis elevados desencadean a muda do insecto. Se está presente a hormona xuvenil no momento da muda, o insecto muda orixinando unha forma larval grande; se está ausente, muda nunha pupa ou adulto.[4] Os RCIs que imitan a hormona xuvenil poden producir unha muda prematura en estadios xoves inmaturos, alterando o desenvolvemento larval.[4] Poden tamén actuar sobre os ovos, causando esterilidade, alterando o comportamento ou interferindo na diapausa, o proceso que causa que o insecto quede dormente antes do inverno.[3] Os RCIs que inhiben a produción de hormona xuvenil poden causar que o insecto mude prematuramente dando un adulto non funcional.[3] Os RCIs que inhiben a ecdisona poden causar unha mortalidade pupal ao interromperen a transformación de tecidos larvais en tecidos adultos durante o estadio pupal.[4]

Inhibidores da síntese de quitina editar

Os inhibidores da síntese de quitina funcionan impedindo a formación de quitina, un carbohidrato necesario para formar o exoesqueleto do insecto. Con estes inhibidores un insecto medra normalmente ata que muda. Os inhibidores impiden que se forme o novo exosesqueleto axeitadamente, causando que o insecto morra. A morte pode ser rápida, ou tardar varios días dependendo do insecto. Os inhibidores da síntese de quitina poden tamén matar os ovos ao alterar o desenvolvemento embrionario normal.[2][3] Os inhibidores da síntese de quitina afectan os insectos por períodos de tempo máis longos que os RCIs hormonais. Estes son tamén máis rápidos á hora de actuar pero poden afectar a insectos predadores, outros artrópodos e mesmo peixes.[2] Entre estes compostos están os pesticidas de benzoilurea.

Exemplos editar

Inhibidores da síntese de quitina editar

Xuvenoides editar

Os xuvenoides imitan a hormona xuvenil e tamén se chaman análogos da hormona xuvenil:

Outros editar

  • Azadiractina (AzaGuard) – 20E e antagonistas da hormona xuvenil, entre outros, con accións non relacionadas co crecemento.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Insect Growth Regulators". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2022. Consultado o 20 de novembro de 2010. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Harris, Su; Waindle, Marianne. "Insect Growth Regulators (IGRs)" (PDF). Consultado o 20 de novembro de 2010. [Ligazón morta]
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Krysan, James; Dunley, John. "Insect Growth Regulators". Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2021. Consultado o 20 de novembro de 2010. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "IGRs -- A Growing, But Misunderstood Group". GPN: Greenhouse Product News. Arquivado dende o orixinal o 2011-07-11. Consultado o 20 de novembro de 2010. 
  5. Kilani-Morakchi, Samira; Morakchi-Goudjil, Houda; Sifi, Karima (20 de xullo de 2021). "Azadirachtin-Based Insecticide: Overview, Risk Assessments, and Future Directions". Frontiers in Agronomy 3: 676208. doi:10.3389/fagro.2021.676208.