Regra de Tarrasch
- Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
A Regra de Tarrasch é un principio xeral que se aplica na maioría das posicións de medio xogo e final do xadrez. Siegbert Tarrasch estableceu a "regra" de que as torres deberán colocarse detrás dos peóns pasados sexan teus ou do teu opoñente. Esta regra normalmente é certa, pero non sempre. Tarrasch foi citado dicindo "Sempre pon a torre detrás dos peóns.... Excepto cando sexa incorrecto facelo así."
Razoamento
editarO avance dos peóns pasados alarga o rango de filas da torre que está detrás do peón e reduce o rango dunha que está diante. Unha torre escoltando un peón desde diante ten que moverse cara a fóra, potencialmente deixando o peón indefenso, se quere coroar. Unha torre detrás dun peón pasado inimigo pode xerar contraxogo máis rapidamente.
Exemplos
editarAquí hai dúas posicións para ilustrar o principio.
A torre detrás dun peón pasado propio: vitoria
editarNo primeiro diagrama, a torre branca está detrás do seu peón pasado na columna a e a posición está gañada para o branco.
A técnica para gañar é sinxela:
- Mover o rei cara ao peón pasado. O rei defensor tamén se ten que mover cara a ese lado, doutra forma estaría forzado a entregar a súa torre polo peón.
- Se o rei atacante non pode penetrar na posición negra debido á oposición, gáñase un tempo movendo a torre cara a arriba e cara a abaixo na columna. Cando os movementos de peón estean esgotados, o defensor non terá máis opcións.
- Se a torre defensora retrocede, entón avánzase o peón. O defensor non pode continuar tendo esta estratexia. Se o rei defensor afástase do peón, o rei atacante móvese cara ao peón e forza o seu avance e o defensor terá que entregar a súa torre. Así que a única opción para o rei defensor é moverse cara ao peón pasado.
- O rei atacante penetra na estrutura de peóns do flanco de rei tan lonxe como sexa posible. Se o defensor gaña o peón pasado, cámbianse as torres e o final de reis e peóns resultante gáñase facilmente.
- No momento adecuado, a torre atacante abandona o peón e participa no ataque aos peóns do flanco de rei obtendo un final de torres e peóns contra torre que se gaña facilmente.
A partida 34ª do match polo campionato do mundo de xadrez de 1927 entre Alexander Alekhine e José Raúl Capablanca é un exemplo clásico da técnica.[1][2] A posición é despois do movemento branco 54.♖a4. O branco gañou no movemento 82. (*Viktor Korchnoi 2002)
A torre detrás dos peóns pasados inimigos: normalmente táboas
editar
As posicións similares á primeira posición coa torre detrás dos peóns inimigos son xeralmente táboas, pero non sempre. A segunda posición ocorreu despois do movemento 35 das brancas na octaba partida do match entre Henrique Mecking e Viktor Korchnoi de 1974. O branco moverá Ta6 axiña que como sexa posible. A torre negra está enfronte do seu peón pasado na columna a e a partida terminou en táboas no movemento 55 (*Viktor Korchnoi 2002) Na posición entre Wolfgang Unzicker e Erik Lundin, as brancas xogan e gañan debido a 48.f3 ! única. Se o peón negro seguise en f7, o rei negro podería volver a f6 ou g7 e a posición sería táboas. (Se 48.a7? Ta2 e 49... Rf3 táboas.)[3]
Novas análises
editarPensouse durante moito tempo que este tipo de posicións eran táboas doadas pois as razóns eran que:
- O branco non pode avanzar o seu peón á sétima fila, porque iso privaría ao seu rei de calquera refuxio
- Xa que logo, o branco terá que avanzar o seu peón só ata a sexta fila para que o seu rei se refuxie en a7
- O único intento de vitoria branca era mover o seu rei ata a7. Entón xógase Tb8-b6, Tb7, a7 (ameazando Ta6), forzando ao negro a entregar a súa torre polo peón.
- Pero mentres o branco está gastando todo este tempo, a torre negra pode gañar os peóns brancos do flanco de rei e entón avanzar os recentemente creados peóns pasados.
- É ben coñecido para o branco ata a posibilidade de perder o final de torre contra varios peóns pasados.
- Entón se o branco intenta gañar por todos os medios, realmente o que pode pasar é que perda.
As recentes análises teóricas desta posición demostran que o branco ten unha forte manobra:
- Avanzar o peón á sexta fila.
- Mover o rei cara ao flanco de dama.
- Cando a torre negra capture un peón do flanco de rei, quítase a torre de protección do peón movéndoa á columna c, por exemplo, Tc7 para avanzar o peón a a7.
- Entón pódese mover a torre branca á columna a cunha ganancia de tempo. Así, o negro está forzado a sacrificar a súa torre polo peón sen que o rei branco téñase que mover ata a7. Estes tempos extra fan a diferenza entre gañar, facer táboas ou ata cabe a posibilidade de perder.[3]
O negro ten que xogar de xeito moi coidadoso para facer táboas, no canto das fáciles táboas que se pensou que era o caso durante moito tempo.[4]
Kantorovich analizou a posición no diagrama da dereita e pensou que o negro facía táboas con dous tempos de máis. En 2003 Steckner atopou unha mellora para o branco que gaña. As pezas negras están nas súas posicións óptimas: a torre está detrás do peón a atacando o peón f e o rei está na súa localización máis activa. Se 1.Ta8 Rf5 o negro ten unhas táboas fáciles. Con todo, o branco ten un plan mellor que gaña cun xogo preciso:
- 1. Rd4! (O peón f ten que sacrificarse para que a torre deixe a7.
- 1... Txf2
- 2. Tc7! Ta2
- 3. a7 (3. Tc6 leva a táboas)
- 3... Rf5
- 4. Rc4!! (A antiga análise era 4. Txf7 , conducindo a unhas táboas.)
- 4... Rg4
- 5. Rb3! Ta6
- 6. Tc4 Rxg3
- 7. Ta4 Txa7
- 8. Txa7 Rxh4
- 9. Rc3 Rg3
- 10. Rd2 h4
- 11. Re2 Rg2
- 12. Txf7 h3
- 13. Tf2 Tg3
- 14. Tf6 e o branco gana (*Mark Dvoretsky 2006).
Excepcións
editarHai excepcións á Regra de Tarrasch. Aquí están algunhas.
Short-Yusupov
editarA posición dunha partida entre Nigel Short e Artur Yusupov en 1984, é unha excepción á regra de Tarrasch, xa que o rei branco está cravado en fronte do peón (*Karsten Müller & Frank Lamprecht 2001). O branco xogou 1. Th3 (colocando a torre detrás do peón pasado), o negro respondeu 1.... Rf5 e resultou ser táboas uns movementos despois. O movemento 1. Tf7 do branco conducía á vitoria, aínda que a torre se situase diante do peón pasado.
Kharlov-Morozevich
editar- No final de torre e peón contra torre, se o peón non está máis aló da cuarta fila, o mellor lugar para a torre defensora é en fronte do peón (*James Howell 1997), (*Mark Dvoretsky 2006)
- No final de torre e peón contra torre, se o peón defensor está cortado da fila do peón pasado, entón a mellor defensa é coa torre na primeira fila (*James Howell 1997).
- No final de torre e peón contra torre, cando o peón é un peón de cabalo (columnas b ó g), o rei defensor está en fronte do peón, pero o defensor non pode levar a súa torre á terceira fila para establecer a posición de Philidor, a torre defensora establece na primeira fila, pero perde se está atacando o peón por detrás (*Edmar Mednis 1998), (*Reuben Fine & Pal Benko 2003).
- No final de torre contra peón ou peóns, a torre está colocada mellor na súa primeira fila (*Reuben Fine & Pal Benko 2003), (*Edmar Mednis 1998).
- No final de torre e dúas peóns illados contra torre, normalmente é mellor para o lado forte protexer os peóns desde o lateral (*Edmar Mednis 1998).
- Yuri Averbakh dixo que a regra de Tarrasch normalmente é correcta só cando as torres están batallando no peón, pero cando o peón está bloqueado polo rei oposto, a torre do mesma cor así como o meó normalmente está mellor protexido desde o lateral (*John Emms 1999).
A posición da partida Kharlov-Morozevich é unha das situacións nas que non se pode aplicar a regra de Tarrasch (para o negro) (*John Emms 1999). O movemento 1....Tb7 estaría de acordo coa regra de Tarrasch, pero 1.... Che5 é o método correcto porque o rei branco está cortado do peón pasado e o branco terá que gastar moitos tempos para activar a súa torre e nese momento o rei negro poderá alcanzar o flanco de dama. Con todo, a regra séguese aplicando para o branco e a partida seguiu:
- 2. Td4 Rf6 3. Td8 Re7 4. Tb8 Rd7 5. Tb7 Rc6 6. Txf7 b4 7. Tf6 Rb5 8. Txg6 b3 9. Tg8 Che6 10. Tb8 Tb6 11. Td8 b2 12. Td1 Tc6 13. abandona, 0-1.
Logo de 13 Rg2 Tc1 14. Td8 b1=D 15. Tb8 Rb6 16. Txb1 Txb1 o rei negro está o suficientemente preto dos peóns do flanco de rei para paralos.
Notas
editar- ↑ Alexander Alekhine vs Jose Raul Capablanca en un taboleiro JavaScript
- ↑ Alexander Alekhine vs Jose Raul Capablanca en formato texto con comentarios en inglés.
- ↑ 3,0 3,1 http://www.chesscafe.com/text/dvoretsky38.pdf
- ↑ http://www.chesscafe.com/text/dvoretsky39.pdf
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Mark Dvoretsky (2006) Manual de Finais de Dvoretsky (Segunda edición) Russell Enterprises ISBN 1-888690-28-3
- John Emms (1999) A Guía de Supervivencia dos Finais de Torre Everyman Chess | ISBN 1-85744-235-0
- Reuben Fine & Pal Benko(2003) Finais Básicos de Xadrez (1941) McKay ISBN 0-8129-3493-8
- James Howell (1997) Finais Esenciais de Xadrez: A guía do xogador de torneo Batsford ISBN 0-7134-8189-7
- Victor Korchnoi (2002) Finais Prácticos de Torre Olms ISBN 3-283-00401-3
- Edmar Mednis (1982) Finais Prácticos de Torre Chess Enterprises ISBN 0-931462-16-9
- Edmar Mednis (1998) Temas Prácticos de Finais Cadogan ISBN 1-85744-213-X
- Karsten Müller & Frank Lamprecht (2001) Finais Fundamentais de Xadrez Gambit Publications ISBN 1-901983-53-6
- Andrew Soltis (2003) Secretos dun Gran Mestre: Finais Thinker's Press ISBN 0-938650-66-1