Regosol
Un regosol é, na Base de Referencia Mundial para os Recursos do Solo, un tipo de solo mineral moi pouco desenvolvido que se asenta sobre materiais non consolidados.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/07/Regosol.gif/400px-Regosol.gif)
Son moi frecuentes en zonas erosionadas, en particular en áreas áridas ou semiáridas e en rexións montañosas, e en ocasións aparecen na paisaxe asociados a leptosois.
Os regosois ocupan aproximadamente uns 260 millóns de hectáreas de superficie terrestre, especialmente en zonas áridas do medio Oeste dos Estados Unidos, o norte de África, Oriente Medio e Australia.
En Galicia aparecen sobre todo como acumulacións de materiais edáficos ao longo das abas e en posicións de cambios de pendente, fundamentalmente en zonas de montaña que sufriron procesos de erosión, principalmente na última glaciación cuaternaria, e en terreos que padeceron procesos de deforestación sucesivos desde a Revolución neolítica.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Macías Vázquez, Felipe; Calvo de Anta, Rosa (2001). «Los suelos». Atlas de Galicia. Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia. pp. 173–217. ISBN 84-453-3088-8.
- IUSS Working Group WRB: World Reference Base for Soil Resources, fourth edition. International Union of Soil Sciences, Vienna 2022, ISBN 979-8-9862451-1-9. ([1]).
- IUSS Working Group WRB. (2015). Base referencial mundial del recurso suelo 2014, Actualización 2015 - Sistema internacional de clasificación de suelos para la nomenclatura de suelos y la creación de leyendas de mapas de suelos. (PDF). Informes sobre recursos mundiales de suelos No. 106. Roma: FAO. ISBN 978-92-5-108369-7.