Abrir o menú principal

RefWorks é un servizo de xestión de busca na web para organizacións corporativas,académicas e gobernamentais. Actualmente, este software comercial de xestión bibliográfica é utilizado por máis de 900 organizacións a nivel mundial. Dá soporte a un número crecente de bases de datos. RefWorks colabora con provedores como ProQuest, HighWire, EBSCO, ISI e BioOne. Foi creado no 2001 e o programa e demais produtos foron comercializados porCambridge Scientific Abstracts dende o 2002 ata ser adquirida por ProQuest no 2008.[1].d. Refworks-COS é unha unidade da corporación Pro-Quest LLC.

Refworks
Sitio webwww.refworks-cos.com/refworks

CaracterísticasEditar

As referencias bibliográficas das bases de datos dos usuarios de Refworks son almacenadas en liña de modo que se poden actualizar ou se pode acceder a elas a través da conexión a Internet. Moitas bases de datos bibliográficos implementaron a posibilidade de exportar referencias directas a Refworks: Google Scholar, JSTOR, WoS e Scopus, entre outras moitas. Para utilizar o software están dispoñibles tanto licenzas individuais como licenzas institucionais que permiten ás universidades subscribir abonamentos por conta dos seus estudantes e para o seu staff. Ás bases de datos que conteñen as citacións poden accederse online, permitindo deste xeito ós usuarios salvar novas citacións de calquera computador conectado a Internet. RefWorks facilita a importación directa de referencias bibliográficas dos maiores motores de busca e bases de datos académicas [2][3].

O complemento Write-n-Cite precisa ser instalado para crear bibliografías en Google Docs e a MS Word. En comparación com EndNote, RefWorks ten unha interface máis simple e é mais fácil de aprender. A diferenza doutros sistemas de xestión de citas, pódese adquirir a través de institucións e ser posta a disposición dos utentes gratuitamente.Write-N-Cite permite integrar referencias desde a conta de Refworks en documentos escritos co procesador de textos de Microsoft Word. As bibliografías pódense formatear en MS Word e Google Docs.

RefWorks non pode recuperar versións de texto completo de artigos de revistas, a diferenza de EndNote. Non ten a capacidade de crear listas de gráficas e cifras con formato e non funciona en dispositivos móbiles. Podese utilizar con iPads, mais a funcionalidade é limitada. No entanto, pódese utilizar para almazenar e anotar PDFs.

UtilidadesEditar

   1. Facer unha base de datos persoal para almacenar referencias bibliográficas, tanto se son introducidas manualmente como se son importadas de bases de datos.
   2. Xestionar as referencias: clasificalas e ordenalas en carpetas.
   3. Elaborar automaticamente bibliografías en diferentes formatos (Chicago, MLA, etc.) coas referencias xuntadas. Tamén permite exportar a un documento de texto.
   4. Compartir as referencias tanto con usuarios de Refworks como con outros usuarios que non estean dados de alta en Refworks.

BibliografíaEditar

NotasEditar

  1. "ProQuest acquires RefWorks". ProQuest (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2015. 
  2. "Direct Export Partners" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2015. 
  3. =ProQuestRefWorks (28 de febreiro de 2012). "Adding References to RefWorks Using Direct Export". YouTube (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2015.