Refracción (son)

A refracción é un fenómeno que afecta á propagación do son, e que consiste na desviación que sofren as ondas na dirección da súa propagación cando o son pasa dun medio a outro diferente.

C1, é o son incidente; C2, o refractado.

A diferenza do que ocorre no fenómeno da reflexión, na refracción, o ángulo de refracción xa non é igual ao de incidencia.

A refracción débese a que ao cambiar de medio, cambia a velocidade de propagación do son.

A refracción tamén pode producirse dentro dun mesmo medio, cando as características deste non son homoxéneas, por exemplo, cando dun punto a outro dun medio aumenta ou diminúe a temperatura.