Redonda (música)

figura musical que equivale a catro pulsos de negra

Redonda é o nome da figura musical de maior duración na notación musical padrón, por ser a nota máis longa en uso (só e máis curta que a cadrada, arcaica). Utilízase como referencia para as duración relativas de todas as demais notas. Cando se divide en dúas, catro, oito, dezaseis, trinta e dúas ou sesenta e catro partes, obtéñense, respectivamente, a branca, negra, corchea, semicorchea, fusa e semifusa.

Unha redonda e a súa pausa

A redonda tamén é a nota usada como referencia para a duración do compás (música). O denominador da fórmula de compás indica en cantas partes se divide unha redonda para obter a unidade de tempo da composición. Por exemplo, un compás 4/4 indica que a redonda foi dividida en catro partes e que a unidade de tempo é a nota con duración de 1/4 da redonda. (ou sexa, unha negra)

A redonda represéntase por un círculo baleiro sen hasta e a súa pausa é unha liña grosa que preenche a metade superior do terceiro espazo do pentagrama (colada á cuarta liña).