Abrir o menú principal

Aaron Chwatt, nado en Nova York o 5 de febreiro de 1919 e finado nos Ánxeles o 13 de xullo de 2006 foi un actor estadounidense coñecido como Red Buttons.

Red Buttons
RedButtonsAL1978.jpg
Buttons en 1978
Nome completoAaron Chwatt
Nacemento5 de febreiro de 1919
LugarNova York
Falecemento13 de xullo de 2006 (87 anos)
LugarCentury City, Os Ánxeles
CausaDoenza cardiovascular
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Etniaxudeus estadounidenses
Cónxuxe(s)Roxanne Arlen (1947-1949)
Helayne McNorton (1949-1963)
Alicia Prats (1964-2001)
ProfesiónActor, cómico
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Buttons naceu co nome de Aaron Chwatt en Nova York, fillo dos inmigrantes xudeu Sophie Baker e Michael Chwatt.[1][2] Aos dezaseis anos conseguiu un traballo como mozo de hotel en Ryan's Tavern en City Island, Bronx. A combinación do seu pelo roibo e os grandes e brillantes botóns do seu uniforme inspiraron ao xefe da orquestra Charles "Dinty" Moore a chamalo "Red Buttons" ("botóns vermellos"), nome que máis tarde actuou. Ese ano chegou a substituír ao mestre de cerimonias cando traballaba no Irvington Hotel de South Fallsburg, Nova York.

En 1939 comezou a actuar en Minsky's Burlesque e en 1941 José Ferrer escolleuno para actuar no seu espectáculo de Broadway The Admiral Had a Wife, unha farsa ambientada en Pearl Harbor. Tiña previsto a súa estrea o 8 de decembro dese ano, máis nunca se estreou a causa do ataque xaponés. Anos despois, Buttons fixo unha chanza dicindo que os xaponeses só atacaron Pearl Harbor para mantelo apartado de Broadway.

Finalmente o debut de Buttons en Broadway chegou en setembro de 1942 en Vickie con Ferrer e Uta Hagen. A finais de ese ano apareceu no espectáculo de Misky Wine, Women and Song, que foi o último espectáculo de burlesque clásico na historia de Nova York, cando a administración do alcalde La Guardia o pechou. Buttons estaba no escenario cando o espectáculo foi asaltado.

Recrutado polas Forzas Aéreas, apareceu en 1943 no espectáculo Winged Victory, xunto con outras futuras estrelas coma Mario Lanza, John Forsythe, Karl Malden e Lee J. Cobb. O ano seguinte apareceu na versión cinematográfica da obra, dirixida por George Cukor. Buttons tamén entretivo as tropas en Europa con Mickey Rooney.

Trala guerra seguiu en Broadway e en 1952 recibiu o seu propio programa de televisión, The Red Buttons Show, que durou tres anos con grande éxito.

En 1957 estreou o filme Sayonara que supuxo un cambio dramático en relación cos seus traballos previos. No filme interpretaba a Joe Kelly, piloto estadounidense establecido en Kobe durante a Guerra de Corea e que casa con Katsumi, unha muller xaponesa interpretad por Miyoshi Umeki, que non lle permiten levar de volta ao seu país. Buttons e Umeki gañaron o Oscar nas súas categoría.

Tralo premio, Buttons seguiu aparecendo en numerosos filmes, como Hatari!, The Longest Day ou They Shoot Horses, Don't They? e en 1966 volveu protagonizar a súa propia serie en televisión, a comedia de espías The Double Life of Henry Phyfe.

Faleceu en 2006 por complicacións da arteriosclerose.

FilmografíaEditar

Ano Título Personaxe Notas
1947 Winged Victory Whitey/Andrews Sister como Cpl. Red Buttons
1947 13 Rue Madeleine Second Jump Master sen acreditar
1951 Footlight Varieties El mesmo
1957 Sayonara Airman Joe Kelly
1958 Imitation General Cpl. Chan Derby
1959 The Big Circus Randy Sherman
1961 One, Two, Three MP sergeant sen acreditar
1962 Hatari! Pockets
1962 Five Weeks in a Balloon Donald O'Shay
1962 The Longest Day John Steele
1962 Gay Purr-ee Robespierre voz
1963 A Ticklish Affair Uncle Cy
1964 Your Cheatin' Heart Shorty Younger
1965 Up from the Beach Pfc. Harry Devine
1965 Harlow Arthur Landau
1966 Stagecoach Peacock
1969 The Moviemakers El mesmo curtametraxe
1969 They Shoot Horses, Don't They? Sailor
1971 Who Killed Mary What's 'Er Name? Mickey
1972 The Poseidon Adventure James Martin
1975 The New Original Wonder Woman (pilot) Ashley Norman
1976 Gable and Lombard Ivan Cooper
1977 Viva Knievel! Ben Andrews
1977 Pete's Dragon Hoagy
1978 Movie Movie Peanuts/Jinks Murphy
1978 The Users Warren Ambrose Telefilme
1979 C.H.O.M.P.S. Bracken
1979 Rudolph and Frosty's Christmas in July Voz de Milton
1980 When Time Ran Out Francis Fendly
1985 Reunion at Fairbrorough Jiggs Quealy
1985 Alice in Wonderland Coello branco
1988 18 Again! Charlie
1990 Ambulancia, desaparecido na cidade Elias Zacharai
1994 It Could Happen to You Walter Zakuto
1999 The Story of Us Arnie Jordan
2000 AMC Backstory - The Longest Day El mesmo documental
2001 Odessa or Bust The Old Man curtametraxe
2004 Goodnight, We Love You documental
2005 Sid Bernstein Presents... El mesmo documental

NotasEditar

  1. "Motion Pictures". Encyclopaedia Judaica. Keter Publishing House. 1971–1972. 
  2. http://www.filmreference.com/film/55/Red-Buttons.html

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar