Tratamentos térmicos 

Témpera
Austémpera
Martémpera
Recocemento
Revenimento
Normalizado
Beneficiamento
Esferoidización

Endurecemento

Cementación
Nitruración
Envellecemento

Recocemento é un tratamento térmico utilizado en pezas de aceiro ou outros materiais, que consiste nun quecemento nun forno a unha temperatura adecuada e un arrefriamento lento, normalmente no interior do propio forno usado para o quecemento, desligado.

Este tratamento visa recuperar propiedades modificadas por outros tratamentos térmicos, por usinaxe a frío, por soldadura, ou aínda para regularizar pezas brutas fundidas, forxadas ou laminadas. O recocemento elimina tensións internas, diminue a dureza, aumenta a usinabilidade e a ductilidade, reducindo ademais a resistencia mecánica.

A temperatura para o recocemento debe ser superior á temperatura de recristalización, a cal, para a maioría dos metais sitúase entre 1/2 e 1/3 do respectivo punto de fusión. Para os aceiros a temperatura de recocemento é superior á da zona crítica (austenitización). A permanencia na temperatura elevada normalmente é de 1h a 3h, e a taxa de arrefriamento é de 25 °C/h.

Fases editar

  • Recuperación:a temperaturas baixas apeza apenas sofre modificacións, tan só se homoxeneiza.
  • Recristalización: A maiores temperaturas modifícase a microestrutura do metal alterandose as súaa propiedades.
  • Crecemento do gran: Se segue aumentando a temperatura, os grans recristalizados tenden a crecer.

Tipos de recocemento editar

  • Recocemento pleno, cando se trata de abrandar o aceiro e rexenerar a súa estrutura. Consiste en quecer o aceiro a unha temperatura superior á crítica, manter a temperatura durante un tempo e deixalo arrefriar lentamente.
  • Recocementos subcríticos, quer dicir, realizados a temperaturas inferiores á crítica (nos aceiros de 600º a 700º). Os principais recocidos subcríticos son:
    • Recocemento de abrandamento. Tratamento que se dá aos aceiros após a forxa ou laminación en quente, para eliminar tensións e dureza en vista a un mecanizado posterior. Quécese a peza a unha temperatura inferior á crítica e deixase arrefriar ao ar.
    • Recocemento para aliviar tensións. Faise nos materiais laminados ou perfilados en frío, para tirarlles as tensións remanentes e aumentar a súa tenacidade. É un tratamento similar ao anterior pero realizado a temperatura inferior a aquel.

Véxase tamén editar

Notas editar

  • Millán Gómez, Simón (2006). Procedimientos de Mecanizado. Madrid: Editorial Paraninfo. ISBN 84-9732-428-5.