Receptor de estróxeno

(Redirección desde «Receptor de estróxenos»)

Denomínase receptor de estróxeno un grupo de receptores celulares que son activados principalmente pola hormona denominada 17β-estradiol, o estróxeno máis potente.[1] Describíronse dous tipos de receptores de estróxeno: ER, que é un membro da familia dos receptores nucleares, e o receptor de estróxeno acoplado a proteínas G GPR30 (GPER), que pertence á familia de receptores acoplados a proteínas G. Porén, e de forma xeral, cando se fala de "Receptor de estróxenos" faise referencia ós do primeiro tipo, é dicir, ós pertencentes á familia dos receptores nucleares, que serán tratados neste artigo.

Receptor de estróxeno alfa.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A principal función do receptor de estróxeno é a de actuar como factor de transcrición que se une ó ADN co fin de regular a expresión xénica. Porén, o receptor de estróxeno presenta funcións adicionais independentes da unión a ADN.[2]

Proteómica editar

Existen dúas formas diferentes do receptor de estróxeno, normalmente referidas como as formas α e β, ámbalas dúas codificadas por xenes diferentes e independentes (ESR1 e ESR2 respectivamente). A conformación activada do receptor de estróxeno forma un dímero e, posto que ámbalas variantes son coexpresadas en diversos tipos de células, os receptores poden formar homodímeros do tipo ERα (αα) ou ERβ (ββ), ou heterodímeros do tipo ERαβ (αβ).[3] Os receptores de estróxeno α e β amosan unha significativa similitude de secuencia, e ambos compóñense de sete dominios

 
Dominios de ERα e ERβ, incluíndo algúns dos sitios de fosforilación coñecidos implicados na regulación independente de ligando.

Describíronse diversas isoformas do receptor de estróxeno obtidas mediante splicing alternativo, concretamente até 3 formas do ERα e 5 formas do ERβ. As isoformas do receptor ERβ poden transactivar a transcrición unicamente cando se forma un heterodímero co receptor funcional ERβ1 de 59 kDa. O receptor ERβ3 foi detectado nos testículos a elevadas concentracións. En peixes, pero non en humanos, describiuse outra forma denominada receptor de estróxeno gamma (ERγ).[4]

Ligandos editar

Os compostos que se poden unir (ligandos) ao receptor de estróxeno poden ser:

Agonistas editar

Mixtos editar

Antagonistas editar

Notas editar

  1. Dahlman-Wright K, Cavailles V, Fuqua SA, Jordan VC, Katzenellenbogen JA, Korach KS, Maggi A, Muramatsu M, Parker MG, Gustafsson JA. "International Union of Pharmacology. LXIV. Estrogen receptors" (4). PMID 17132854. doi:10.1124/pr.58.4.8. 
  2. Levin ER. "Integration of the extranuclear and nuclear actions of estrogen" (8). PMC 1249516. PMID 15705661. doi:10.1210/me.2004-0390. 
  3. Li X, Huang J, Yi P, Bambara RA, Hilf R, Muyan M. "Single-chain estrogen receptors (ERs) reveal that the ERalpha/beta heterodimer emulates functions of the ERalpha dimer in genomic estrogen signaling pathways" (17). PMC 506997. PMID 15314175. doi:10.1128/MCB.24.17.7681-7694.2004. 
  4. Hawkins MB, Thornton JW, Crews D, Skipper JK, Dotte A, Thomas P. "Identification of a third distinct estrogen receptor and reclassification of estrogen receptors in teleosts" (20). PMC 27095. PMID 11005855. doi:10.1073/pnas.97.20.10751.