Rebatemento do rectángulo

Rebatemento do rectángulo, tamén rabatamento ou rebatamento, é unha técnica ou ferramenta compositiva utilizada para situar obxectos na imaxe, ou como axuda para o estudo da arte. Tamén chamado polos seus nomes en inglés, rebatement, rabatment e rabattement; hai moita literatura nesa lingua sobre esta técnica, pero moi escasa noutras.

A liña de puntos representa un de dous posíbeis rebatementos do rectángulo

Cada rectángulo contén dous cadrados implícitos en cada un dos lados curtos. O proceso de rotar os lados curtos sobre o longo é chamado "doble abatemento", ou "rabatemento", e a cuarta liña imaxinaria é chamada "o rebatemento". O termo é utilizado en xeometría, arte e arquitectura.[1]

Teoría

editar

Non hai ningunha explicación absoluta do mecanismo deste método, pero hai varias teorías.[2] Un argumento é que os cadrados son unha forma xeométrica tan sinxela e primordial que o cerebro a busca automaticamente, completando mentalmente o rebatemento, tanto se está explícito ou non. Cando unha composición usa elementos da escena para que coincidan co cadrado, produce un sentimento de harmonía.

Práctica

editar
 
Animación dun rebatemento dentro dun rectángulo

Artistas do Renacemento utilizaron o rebatemento como base para obras de arte e arquitectura,[3][4] e pode ser observado na arte de case calquera período.[5]

Como unha das moitas técnicas de composición, pode usarse para o posicionamento dos elementos dentro do rectángulo. Non hai ningunha regra definitiva ao respecto; unha composición pode ter unha sensación de axitación dinámica ou un sentido de equilibrio en relación a liñas importantes como as do rebatemento ou da regra dos terzos, ou a dos puntos fortes derivados dela.[6][7]

O rebatemento pode ser aplicado a rectángulos de calquera proporción.[8] Para os de 3:2 de proporción (como na foto fixa de 35mm), o rebatemento coincide coas liñas da regra dos terzos.[9]

Nas culturas occidentais que len de esquerda a dereita, a atención a miúdo céntrase dentro do rebatemento esquerdo ou na liña que forma no lado dereito da imaxe.[10]

Cando se emprega o rebatemento cun lado dun rectángulo dourado e despois se aplica iterativamente ao rectángulo que queda, os "rectángulos xiratorios" resultantes describen a espiral dourada.[11]

Exemplos

editar
 
Esta imaxe de arte por computador ten o pescador colocado nun dos rebatementos.
 
Esta pintura de Claude Monet dun campo de papoulas inclúe unha árbore alta no rebatemento do cadrado esquerdo.
 
Rembrandt neste autoretrato coloca a parte iluminada do seu estudio dentro do rebatemento, e a el mesmo no límite do outro.
 
A pintura de Gustave Caillebotte mostra o barco fóra do cadrado á dereita e o home no bordo máis dereito do cadrado esquerdo, inclinándose.
  1. Paynter, J.E. (1921). Practical geometry for builders and architects. Londres: Chapman & Hall. 
  2. Mize, Dianne (27 de xaneiro de 2009). "How to Use Rabatment in Your Compositions". Empty Easel (en inglés). Consultado o 26 de febreiro de 2011. 
  3. Sriraman, Bharath; Freiman, Viktor; Lirette-Pitre, Nicole (2009). Interdisciplinarity, creativity, and learning: mathematics with literature, paradoxes, history, technology, and modeling (en inglés). IAP. p. 122. ISBN 1-60752-101-6. 
  4. Fett, Birch (2006). "An In-depth Investigation of the Divine Ratio" (PDF). The Montana Mathematics Enthusiast (en inglés) (The Montana Council of Teachers of Mathematics) 3 (2): 157–175. ISSN 1551-3440. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de marzo de 2015. Consultado o 07 de maio de 2021. 
  5. Bouleau, Charles (1963). The painter's secret geometry: a study of composition in art. New York: Harcourt, Brace. pp. 43–46. 
  6. Feltus, Alan. "Painting and Composition". Umbria: International School of Painting, Drawing, and Sculpture. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2011. Consultado o 26 de febreiro de 2011. 
  7. Mize, Dianne (16 de xullo de 2008). "Placing Our Images: Rabatment". Compose. Consultado o 27 de febreiro de 2011. 
  8. Dunstan, Bernard (1979). Composing your paintings. Start To Paint. pp. 22, 26. ISBN 0-8008-1803-2. 
  9. Brown, Scott (2009). "Glossary". Watercolorists of Whatcom. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2012. Consultado o 27 de febreiro de 2011. 
  10. Nelson, Connie (2010). "Composition in art: Rabatment". Explore-Drawing-and-Painting.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2011. Consultado o 1 de marzo de 2011. 
  11. Fairbanks, Avard T.; Fairbanks, Eugene F. (2005). Human Proportions for Artists (en inglés). Fairbanks Art and Books. p. 210. ISBN 0-9725841-1-0. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar