Real Sociedad de Fútbol B

(Redirección desde «Real Sociedad B»)

A Real Sociedad de Fútbol B, coñecida habitualmente como Sanse, é o equipo filial da Real Sociedad. Foi fundado en 1951 e actualmente xoga na Segunda División B.

Real Sociedad B
NomeReal Sociedad de Fútbol B
Alcume(s)Sanse, txuriurdines, potrillos
Fundación1951
EstadioCampo Z-7, Instalacións de Zubieta,
Zubieta, Guipúscoa España
Capacidade2.500 espectadores
PresidenteEspaña Jokin Aperribay
AdestradorEspaña Meho Kodro
Liga2ª B - Grupo 2
2011–1212º
Na rede
http://www.realsociedad.com
Titular
Alternativo

Historia

editar

O equipo foi fundado en 1951 baixo o nome de San Sebastián Club de Fútbol, como equipo filial da Real Sociedad, un dos equipos clásicos da Primeira División. O San Sebastián CF, coñecido popularmente como Sanse foi desde o inicio o equipo no que se fogueaban as novas promesas da Real Sociedad antes de dar o salto ao primeiro equipo. Por iso a súa principal función foi a de formar xogadores, máis que a de obter bos resultados na Liga.

Polas filas do Sanse pasaron numerosos xogadores que triunfaron posteriormente na Real Sociedad e outros equipos. O Sanse tivo unha grande importancia na historia da Real Sociedad, xa que este foi tradicionalmente un equipo de canteira que se nutriu máis dos mozos formados nas súas categorías inferiores que de fichaxes externas. Na actualidade a Real Sociedad segue mantendo no seu persoal unha maioría de xogadores formados no Sanse.

No que respecta ás categorías nas que militou; o Sanse chegou a alcanzar a Segunda División en 1960. Na tempada seguinte (1961-62) obtivo a súa mellor clasificación, un 5º posto. Con todo, deuse o paradoxo de que a unha excelente campaña do filial uniuse unha pésima campaña da Real Sociedad, que descendeu aquela mesma tempada de Primeira a Segunda división. A Real arrastrou na súa caída ao Sanse á Terceira División, xa que un equipo filial non pode xogar na mesma categoría que o seu irmán maior. O bloque de xogadores do Sanse que militou en Segunda División foi o mesmo que cinco anos despois logrou devolver á Real Sociedad a Primeira.

Desde entón, o Sanse, non retornou nunca máis a Segunda división, pasando o resto de campañas ata a actualidade en Terceira ou Segunda B. En 1991 e en 2006 chegou a disputar os play-offs de ascenso á Segunda división.

En 1992 un cambio na normativa obrigou ao equipo a cambiar o seu nome e desde entón é coñecido oficialmente como Real Sociedad de Fútbol B, aínda que a nivel popular segue recibindo o nome de Sanse.

Uniforme

editar
  • Uniforme titular: Camiseta a franxas verticais azuis e brancas, pantalón branco e medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta negra e gris, pantalón negro e medias negras.

Estadio

editar
 
Un dos estadios das instalacións de Zubieta.

A Real Sociedad B xoga os seus partidos no campo Z-7 das Instalacións de Zubieta, con capacidade para 2.500 espectadores.

A cidade deportiva de Zubieta é onde adestran a Real Sociedad e todos os seus equipos inferiores. Estas instalacións atópanse moi preto do Hipódromo de San Sebastián e de aí deriva o alcume de potrillos que reciben os xogadores da Real Sociedade B.

Datos do club

editar

Xogadores

editar

Cadro 2010/11

editar

Actualizado a 1 de setembro de 2010.

Posto País Xogador
POR   Javier Mandaluniz
POR   Toño Ramírez
POR   Julen Celaya
DEF   Alberto Morgado
DEF   Arkaitz Pérez
DEF   Jon Gaztañaga
DEF   Imanol Plaza
DEF   Julen Castañeda
DEF   Aitor Aldalur
DEF   Liassine Camaduro
DEF   Beñat Etxabe
DEF   Iñigo Martinez
DEF   Julen Etxabeguren
MED   Asier Illarramendi
Posto País Xogador
MED   Jon Errasti
MED   Javier Ros
MED   Joseba Beitia
MED   Ruben Pardo
MED   Sergio Barcina
MED   Aitor Castro
MED   Pablo Hervias
DIA   Alain Eizmendi
DIA   Eneko Eizmendi
DIA   Julen Colinas
DIA   Iosu Ozkoidi
DIA   Mikel Orbegozo
DIA   Johathan Nanizayamo
DIA   Iñigo Rodriguez

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar