Abrir o menú principal

Real Sitio de San Lorenzo do Escorial e o Escorial

(Redirixido desde "Real Sitio do Escorial")

O Real Sitio de San Lorenzo do Escorial e O Escorial, tamén coñecido como Real Sitio de San Lorenzo do Escorial ou Real Sitio do Escorial, era un híbrido de señorío de reguengo e señorío de abadengo constituído no último terzo do século XVI, a instancias do rei Felipe II. Estendíase ao redor do mosteiro homónimo, polos actuais términos municipais de San Lorenzo de El Escorial, El Escorial, Zarzalejo e Santa María de la Alameda, na vertente meridional da Serra de Guadarrama, na Comunidade de Madrid (España).

Mosteiro e Sitio do Escorial
Vista aerea del Monasterio de El Escorial.jpg
Vista do Mosteiro desde o monte Abantos.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña
Localización40°35′21.04″N 4°8′52.62″O / 40.5891778, -4.1479500Coordenadas: 40°35′21.04″N 4°8′52.62″O / 40.5891778, -4.1479500
TipoCultural
CriteriosI, II, VI
Inscrición1984
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador318

Sobre este territorio articulouse unha potente industria turística, radicada preferentemente nos municipios de San Lorenzo de El Escorial e de El Escorial. Nel intégrase o Mosteiro do Escorial, situado na primeira localidade, ademais de diferentes edificios artísticos, leiras históricas e paraxes naturais, vinculados, desde o século XVI, coas Casas Reais dos Austrias e dos Borbóns. Algúns dos seus enclaves tamén foron utilizados pola dinastía dos Trastámara, entre os séculos XIV e XV.

Patrimonio Nacional, organismo do que dependen as posesións que estiveron en mans da Coroa Española, xestiona a parte principal desta oferta turística, que se promociona unitariamente, xunto co Valle de los Caídos. Este monumento funerario, situado nas proximidades do Real Sitio, foi erixido no século XX, a iniciativa do ditador Francisco Franco.

O Mosteiro e Real Sitio recibiron en 1984 a declaración de Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco.

LímitesEditar

 
Risco Alto, visto desde os xardíns da Casita del Príncipe, flanquea o Real Sitio de San Lorenzo do Escorial e O Escorial.
 
A Herrería, leira histórica incluída no Territorio Histórico "O Escorial: Monasterio, Sitio e Contorna Natural e Cultural".

As lindes históricas do Real Sitio quedan definidas pola "Cerca de Felipe II". Este antigo valado, mandado construír polo monarca e concluído por Carlos IV e Isabel II, rodeaba o perímetro deste enclave. Percorría os actuais términos de San Lorenzo de El Escorial, El Escorial, Zarzalejo e Santa María de la Alameda, ademais doutras zonas limítrofes correspondentes a Guadarrama, Alpedrete, Collado Mediano, Collado Villalba, Galapagar, Colmenarejo, Robledo de Chavela e Valdemorillo.

Tamén foron cercadas as antigas aldeas da Fresneda, que desapareceu coa creación do Real Sitio, e de Navalquejigo, pobo abandonado no século XIX e hoxe convertido nunha pedanía escurialense.

Desde o punto de vista físico, estendíase polos bosques situados nas ladeiras e piedemonte do chamado Circo de El Escorial, que se atopa flanqueado polo Monte Abantos e Las Machotas, ademais de pola Cuerda de Cuelgamuros, conformada por Abantos e Cabeza Líjar. O val alto do río Aulencia, o principal afluente do Guadarrama, tamén quedaba integrado, así como o nacemento do río Perales.

Este espazo atópase protexido, na súa maior parte, pola Comunidade de Madrid. A Consellería de Cultura e Turismo da Comunidade de Madrid (Dirección Xeral de Patrimonio Histórico) declarouno Ben de Interese Cultural, na categoría de Territorio Histórico, mediante decreto 52/2006, coa denominación de "El Escorial: Monasterio, Sitio y Entorno Natural y Cultural". Nel quedan integrados os términos de San Lorenzo de El Escorial, El Escorial, Zarzalejo e Santa María de la Alameda, onde se engloban os seguintes conxuntos monumentais e naturais:

Con todo, a Unesco define un ámbito territorial sensiblemente menor na súa declaración do Mosteiro e do Real Sitio como Patrimonio da Humanidade, circunscrita unicamente aos términos de San Lorenzo de El Escorial e El Escorial. A súa delimitación coincide, a grandes liñas, cos conxuntos dependentes de Patrimonio Nacional, principalmente o Mosteiro e a Casita do Infante (ou de Arriba), en San Lorenzo de El Escorial, así como a Casita do Príncipe (ou de Abaixo), en El Escorial.

Quedan fóra da súa lista outros conxuntos monumentais que formaron parte da Cerca de Felipe II. É o caso de La Granjilla de La Fresneda (Expediente BIC 3/2003), do Mosteiro de Prestado, de El Campillo (Expediente BIC 2/2003), de Mosteiro (Expediente BIC 1/2003), de El Castañar e de Navalquejigo, que se atopan en mans privadas,[1] algún en situación de abandono.[2]

En 2007 as autoridades españolas tramitaron ante a Unesco a ampliación da declaración de Patrimonio da Humanidade a toda a contorna do Real Sitio, en coincidencia cos seus límites históricos. O Ministerio de Cultura propuxo, a través do Comité de Patrimonio Español, que La Granjilla de la Fresneda fose declarada Patrimonio da Humanidade, pero esta iniciativa non chegou a prosperar.

NotasEditar

  1. "Descripción del Patrimonio de la Humanidad del Monasterio y Real Sitio de El Escorial, en la web oficial del Ministerio de Cultura". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2012. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 
  2. Sánchez, Esther (30 de novembro de 2015). "El palacio de Felipe II en San Lorenzo de El Escorial sucumbe al abandono". Diario El País (en español). Consultado o 30 de novembro de 2015. 

Ligazóns externasEditar