Abrir o menú principal

Real Federación Española de Béisbol y Sófbol

A Real Federación Española de Béisbol y Sófbol (RFEBS) é o organismo reitor do béisbol e do sófbol en España desde a súa fundación o 23 de marzo de 1944 baixo o nome de Federación Española de Pelota Base.[1]

Real Federación Española de Béisbol y Sófbol
Fundación23 de marzo de 1944
PresidenteJulio Pernas López
Sitio webhttp://www.rfebeisbolsofbol.com

Estende a súa actividade e competencia a todo o territorio nacional, e está composta polas federacións de ámbito autonómico, os clubs deportivos, os deportistas, os técnicos e os xuíces. Supervisa e emite resultados e calendarios. Encárgase da formación e elección dos integrantes dos equipos que representarán a España nas competicións internacionais.

HistoriaEditar

Fundada oficialmente o 23 de marzo de 1944 baixo o nome de Federación Española de Pelota Basee, tivo como primeiro presidente a Francisco Amescua García-López.[1]

Está afiliada á Confederación do Béisbol Europeo (CEF) e á Federación Internacional de Béisbol (IBAF)

PresidentesEditar

Desde Ata Presidente
1944 1945 Francisco Amescua
1945 1947 Fernando Quesada
1953 1967 Ramón Arroyo de Carlos (Conde de Cheles)
1967 1969 Jacinto Barrio Maldonado
1969 1982 Francisco Gómez Pérez-Piñán
1982 1988 Miguel Ortín Rull
1988 2000 Miguel Ángel Pozueta Uribe-Echevarría
2000 Julio Pernas López

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Museo del Juego (ed.). "Historia del béisbol en España" (PDF). Consultado o 12.6.2013. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar