Reóstato

Un reóstato é un resistor de resistencia variábel.

Un reóstato bobinado de alta potencia.

É xa que logo un tipo construtivo concreto de potenciómetro que recibe comunmente este nome en vez do de potenciómetro ao tratarse dun dispositivo capaz de soportar tensións e correntes moito maiores, e de disipar potencias moi grandes.

Os reóstatos son usados en enxeñaría eléctrica en tarefas tales como o arranque de motores ou calquera tipo de tarefa que requira variación de resistencia en condicións de elevada tensión ou corrente.